Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Programa de actividades moi completo no CCP Xaquín Lorenzo

Por   /  23/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Programa de actividades do CCP Xaquín Lorenzo da Deputación do curso 2016-2017
Actuación da Escola de Danza

Actuación da Escola de Danza

 

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense comezou o curso 2016-2017 o pasado mes de outubro cun programa de actividades moi completo. Concretamente, no que se refire á Escola Provincial de Danza comezou coas clases de Baile, Pandeireta e Canto, de Gaita para acompañamento de grupos de baile, e co Obradoiro de Tecido Tradicional, dirixido a todas as persoas maiores de 5 anos.

Por outra parte, no marco das actividades organizadas de cara ao público que se realizaron ata o momento destaca a participación de diferentes grupos da Escola de Danza no XVII “Festival de Cantareiras O Son dos Antergos”, celebrado en Ferrol o 15 de outubro, xunto cos grupos “Alxibeira” do Padroado de Cultura do Concello de Narón, “Arume de Berdillo” de Carballo e A.F.C. “Terra Meiga”, grupo anfitrión; e a actuación de baile, música e canto na Residencia de Maiores de Piñor, con motivo da celebración do magosto. Recentemente, tamén participou nas V “Xornadas de Investigación de Danzas Rituais”, cun relatorio titulado Danzas Rituais en Ourense, presente e futuro, celebrado en Fregenal da Serra, Badaxoz, os días 5 e 6 de Novembro.

As actividades programadas neste trimestre continúan e hoxe, 22 de novembro, comeza a XII edición do “Obradoiro de Xogos Populares” dirixido aos centros educativos públicos da provincia que terá lugar ata o vindeiro mes de maio. Esta iniciativa, pensada para alumnos de primaria e de secundaria, está organizada en dúas sesións por centro, co fin de dar a coñecer actividades lúdicas baseadas na nosa cultura tradicional. Para este curso, inscribíronse un total de 51 centros, coa participación estimada de 1.800 rapaces.

Por último, dentro das actuacións que a Escola de Danza ten programadas, destaca a participación na feira Megaxove en Expourense que terá lugar o 7 de decembro, así como o Festival de Nadal que se celebrará o 15 de decembro no Teatro Principal de Ourense.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →