Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Próximas á adxudicación as 32 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio ouresán de Covadonga

Por   /  09/11/2015 

    Imprimir       Email

A Xunta ultima o procedemento de adxudicación das 32 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro construídas no barrio ourensán de Covadonga. 

A XUNTA ULTIMA O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS 32 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN RÉXIME DE ALUGUEIRO CONSTRUÍDAS NO BARRIO OURENSÁN DE COVADONGA

  • As familias que resultaron adxudicatarias no sorteo celebrado en xuño do pasado ano recibiron a carta de adxudicación e teñen o prazo de 15 días para a aceptación da vivenda adxudicada, como paso previo á entrega das chaves
  • Proximamente realizarase o mesmo trámite cos 20 inmobles restantes, adxudicados en réxime de compravenda
  • Trátase de vivendas de dous,tres e catro dormitorios distribuídas en dous bloques

091115 Covadonga

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), realizou hoxe o último trámite, previo á entrega de chaves, do procedemento de adxudicación das 32 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro construídas no barrio de Covadonga, na cidade de Ourense.

O acto consistiu na entrega da carta de adxudicación a cada unha das familias que resultaron adxudicatarias no sorteo de asignación de vivenda celebrado o mes de xuño do pasado ano. Para establecer as condicións da adxudicación, o IGVS elaborou os estudos económicos personalizados, de maneira que cada adxudicatario paga un prezo diferente en función da superficie da vivenda e dos ingresos ponderados da unidade familiar adxudicataria.

Posteriormente os adxudicatarios coñeceron as súas futuras vivendas e recibiron información sobre o mantemento e a conservación das mesmas e dos espazos e elementos comúns. A partir de hoxe, os adxudicatarios dispoñen dun prazo de quince días para a aceptación da vivenda.

Proximamente  tamén se realizará estes trámites coas 20 vivendas restantes construídas en Covadonga e adxudicadas en réxime de compravenda.

091115 vivendas Covadonga

 

Características

Estas vivendas de promoción pública executadas polo IGVS distribúense en dous bloques compostos por unha planta baixa e catro plantas altas, amais de dous sotos dedicados a garaxes e rochos con acceso común.

Das 52 vivendas, dúas están adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Teñen

2, 3 e 4 dormitorios, con superficies comprendidas entre 60,77m2 e 87,73 m2. Contan cunha praza de garaxe entre 30,34 m2 e 42,60m2    e rochos entre 4 e 7 m2. Os inmobles constan de salón-comedor-cociña, dormitorios, baño, aseo, vestíbulo e lavadoiro tendedeiro. A cociña está totalmente amoblada.

091115 IGVS Covadonga

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →