Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Quince profesores universitarios peruanos visitaron a Deputación

Por   /  12/03/2016 

    Imprimir       Email
  • Profesores da Universidade Nacional Hermilio Valdizán-Huácano de Perú visitaron a Deputación

Profesores da Universidade Nacional Hermilio Valdizán-Huácano de Perú visitaron a Deputación

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, recibiron onte no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a 15 profesores da Universidade Nacional Valdizán-Huácano de Perú na súa viaxe á provincia de Ourense onde están a visitar diferentes institucións e centros universitarios, como as facultades de Ciencias da Educación nos campus de Ourense. Rosendo Fernández explicoulles o funcionamento do ente provincial como goberno intermedio entre os concellos e a Xunta de Galicia, “un órgano que serve para axudar e cooperar, no caso ourensá, cos 92 concellos da provincia, onde a excepción da capital son de menos de 20.000 habitantes”. Pola súa banda, Manuel Doval foi o encargado de acompañalos nesta visita a coñecer a Biblioteca do goberno provincial, instalada no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →