Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Rede de Centros Plurilingües amplia a 32 na provincia de Ourense o número de centros

Por   /  11/09/2015 

    Imprimir       Email
Un grupo de 15 estudantes do curso de Eficiencia enerxética de edificios visitaron hoxe as instalacións de MeteoGalicia  Autor: Ana Varela

Un grupo de 15 estudantes do curso de Eficiencia enerxética de edificios visitaron hoxe as instalacións de MeteoGalicia
Autor: Ana Varela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de ampliar ata os 32 o número de centros de ensino da provincia de Ourense que forman parte da Rede de Centros Plurilingües, coa incorporación para este curso 2015/2016 do CEIP Curros Enríquez de Celanova. Así mesmo, autorizouse a extensión deste modelo educativo combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) á etapa de ESO nos CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), e CPR Plurilingüe Divino Maestro (Ourense).

Por outra banda, tamén se autorizaron 45 novas seccións bilingües para a provincia. As resolucións definitivas da convocatoria de redes de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües poden consultarse no portal educativo, no enlace http://www.edu.xunta.es/portal/linguasestranxeiras/ .

Plan de Potenciación

O Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras posto en marcha polo actual Goberno da Xunta, ao abeiro do que funcionan as devanditas redes de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües chegará neste curso 2015/2016 a preto de 90.000 alumnas e alumnos galegos de toda Galicia escolarizados en centros sostidos con fondos públicos.

Así, a Rede de Centros Plurilingües estará integrada por un total de 257 centros, dos que 36 son de incorporación neste curso. Pola súa parte a de Seccións Bilingües formarana 3.630 seccións, das que 407 son de nova autorización neste ano.

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →