Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Rogelio Martínez inaugura a nova aula de habilidades da vida diaria no centro de educación especial ‘O Pino’ de Ourense

Por   /  26/05/2015 

    Imprimir       Email

Aula CCE Pino

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu ao sinxelo acto de inauguración da nova aula de habilidades da vida diaria no centro de Educación Especial (CEE) “O Pino” da capital ourensá. O acto consistiu nun almorzo preparado polos alumno do centro na nova aula de habilidades na que se lles imparten coñecementos básicos relacionados cos labores domésticos: facer a comida, pasa-lo ferro, pór a lavadora, etc…

Esta nova aula entra en funcionamento grazas á colaboración da Obra Social de “La Caixa”, polo que esta entidade financiou o 99 por cento do investimento do proxecto. Na posta en marcha desta nova aula estiveron presentes o director do CEE “O Pino”, Xosé Manuel Folgoso; a xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Mercedes Gallego, e o director territorial de La Caixa, Fernando Garza.

Aula CEE O Pino

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →