Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Rogelio Martinez participa no desfile da Festa da Istoria de Ribadavia

Por   /  31/08/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryO delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou onte no desfile medieval da edición número 27 da Festa da Istoria de Ribadavia. A comitiva percorreu as rúas do barrio xudeu finalizando na fachada do Castelo dos Sarmiento, onde tivo lugar a lectura do pregón e a entrega das medallas aos Notables da Istoria.

A continuación, os visitantes puideron gozar, e incluso participar, en numerosos actos que recrearon o medievo: voda xudía, baile medieval, xadrez vivente, carreira de “pipotes”, exhibición de cetraría e de tiro con arco, torneo medieval e espectáculos musicais e de teatro.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →