Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Rogelio Martínez recibe ao novo presidente da Cruz Vermella de Ourense nun primeiro encontro institucional

Por   /  26/06/2015 

    Imprimir       Email

Xuntanza co novo pte Cruz Vermella

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta mañá ao novo presidente de Cruz Vermella Ourense, Felipe Ferreiro. O representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Ferreiro Feijóo desde que foi elixido, a mediados deste mes, presidente da entidade a nivel provincial.

Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e púxose de manifesto o propósito de seguir mantendo unha boa liña de colaboración entre ambas as dúas institucións, para poder desenvolver un bo nivel de actividade nos proxectos de inclusión e intervención social, emprego, formación ou emerxencias. Rogelio Martínez ofreceulle ao novo presidente da Cruz Vermella ourensá  diálogo e colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no impulso social da provincia.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →