Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Román Rodríguez destaca a dimensión divulgativa, educativa e popular da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Por   /  20/07/2015 

    Imprimir       Email

1588H1O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu hoxe á inauguración da trixésima primeira edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), certame ao que considerou como “un referente indiscutible no teatro nacional e internacional, sendo a cita de verán máis destacada de cantas se dedican á difusión das artes escénicas en Galicia”.

A programación da MIT desenvolverase ao longo de oito días nos que participará unha vintena de compañías galegas e internacionais dando forma a unha intensa carteleira cultural e de lecer. A atención á mestura de linguaxes, xéneros e disciplinas escénicas, así como á escrita dramática actual centran a cita deste ano. Así, os espectadores poderán gozar de innovadores espectáculos que combinan a danza co cine e a pintura; manipulacións de vídeo en tempo real, ou postas en escena nas que o público observa a vida duns artistas, entre outras propostas.

Novidades
Esta trixésimo primeira edición chega cargada de novidades, tales como a posta en marcha dos Foros MIT, que permitirán facilitar o intercambio de experiencias e opinións entre os participantes da Mostra e o público en xeral, e que en propias palabras do conselleiro “actuarán como unha verdadeira fábrica de emprendemento, como unha especie de tormenta de ideas que contribuirán a un maior grao de afianzamento da MIT”.

O responsable de Cultura aproveitou a ocasión para felicitar á asociación Escena Galega por ter acadado o Premio de Honra ‘Roberto Vidal Bolaño’, co que a Mostra de Ribadavia recoñece o traballo asociativo e integrador deste colectivo profesional a prol das artes escénicas en Galicia.

Este ano a mostra está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que fixo unha achega de 60.000 euros mediante a sinatura dun convenio de colaboración.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →