Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Román Rodríguez participa na apertura do curso da Universidade Menéndez Pelayo para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

Por   /  16/06/2015 

    Imprimir       Email

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistirá o acto inaugural do curso A Ribeira Sacra. Protección dun paisaxe natural. Candidato a Patrimonio Mundial, organizado pola Universidade Menéndez Pelayo. No Salón dos Reis do Parlamento de Galicia. foto xoán crespo 15/06/15

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou onte na apertura do curso “A Ribeira Sacra. Protección dun paisaxe natural. Candidato a Patrimonio Mundial”, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, e que ten como principal obxectivo impulsar a inclusión deste enclave na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. O curso foi inaugurado pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; que estivo acompañada do director en Galicia da Universidade Menéndez Pelayo, Domingo Bello Janeiro; e do Valedor do Pobo, José Julio Fernández.

Deste xeito, entre hoxe luns e o vindeiro xoves un equipo multidisciplinar de expertos composto por xeógrafos, edafólogos, xuristas, historiadores e arqueólogos analizarán distintos aspectos da Ribeira Sacra, co fin de elaborar un documento técnico que sustente esta candidatura perante a UNESCO.

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, deulles a todos eles a benvida e animounos a debater sobre todos os aspectos medioambientais, sociolóxicos, culturais, económicos ou demográficos que conforman a Ribeira Sacra. “Logo desta xornadas –dixo– poderemos estimar mellor o Valor Universal Excepcional e as condicións de autenticidade e integridade que ten a Ribeira Sacra para a súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO”.

Nesta liña, o conselleiro comprometeuse a prestar todo o apoio e asesoramento técnico necesario aos promotores da candidatura, e a actuar coma máxima dilixencia na súa tramitación e supervisión. Asegurou así mesmo que o seu departamento está comprometido coa incoación do expediente para declarar esta zona Ben de Interese Cultural coa consideración de territorio histórico xa que, segundo explicou, trátase dun paso previo imprescindible para avanzar cara a declaración de Patrimonio da Humanidade.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →