Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Rut Martínez trae ao “Marcos Valcárcel” unha obra sutil e melancólica

Por   /  11/04/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 2015 - Ruth

“A memoria e o seu silencio” é o título da exposición que recolle o traballo de Rut Martínez e que está marcado por “unha obra que nos invita a somerxernos na nosa propia melancolía con sutileza e beleza artística”. Son pezas, en moitos casos, con formatos mínimos, de moi reducidas dimensións e nos que esa beleza ten que estar condensada, reflectida ás veces nun pequeno detalle.

Dixo Auguste Rodin que “nada é tan fermoso como as ruínas dunha cousa bela”. E Rut Martínez López de Castro, artista de dilatada traxectoria a pesar da súa xuventude, vén referendar tal afirmación “cunha obra que nace, en parte, onde outras morren: nos últimos estertores de obxectos, paisaxes e contornos que xa non son o que algún día foron”.

Esta mostra, que se abre ao público dende onte, poderá visitarse ate o día 3 de maio no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →