Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Sétima edición de Megaxove, máis de 150 actividades esta ponte festiva en Expourense

Por   /  01/12/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta colabora coa décimo sétima edición de Megaxove que Expourense acollerá esta ponte festiva
  • A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, na rolda de prensa de presentación do certame salientou o carácter interxeracional do salón da Xuventude
  • Este evento ofrece un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros

011216-rp-megaxove-2016

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da décimo sétima edición de Megaxove, Salón da Xuventude que, dende o 5 ata o 8 de decembro, ofrecerá máis de 150 actividades de lecer e deportivas e converterá a Expourense no punto de encontro da mocidade galega durante a ponte festiva da Constitución e onde miles de rapaces e rapazas participarán de forma activa.

Expositores e entidades colaboradoras con Megaxove elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao Medio Ambiente. “Valores, todos eles, que dende a Xunta de Galicia non podemos deixar de apoiar e estimular e, por iso, un ano máis, sumámonos a este proxecto” asegurou Díaz Mouteira.

Este ano como novidade impartirase un obradoiro de defensa persoal que incluirá a participación de psicológos e axentes se seguridade para previr e identificar casos de acoso escolar.

A delegada territorial salientou o carácter interxeracional do salón, no que pais e avós acompañan e comparten actividades cos máis pequenos.

Marisol Díaz referiuse, na súa intervención, á conmemoración do Día Internacional do Voluntariado que se celebra o día 5 de decembro, coincidindo coa apertura do certame. Aludiu ás preto de 900 asociacións que integran a Rede de Voluntariado Galego e asegurou que Megaxove é “o mellor escaparate para dar a coñecer as actividades relacionadas co lecer, a cultura ou o deporte que organizan durante o ano as distintas asociacións e clubs sen ánimo de lucro nas que están implicados miles de voluntarios e voluntarias de todo Galicia”.

As entidades participantes aproveitarán esta cita para promover a recollida de produtos alimentarios nunha nova edición da “Operación Quilo Megaxove” co obxectivo de destinalos ás familias máis desfavorecidas da provincia.

011216-rp-megaxove

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →