Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Situación da colectividade de emigrantes ourensáns en Venezuela

Por   /  22/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Baltar analiza co presidente da Irmandade Galega de Venezuela a situación dos emigrantes ourensáns
Roberto González, Manuel Baltar e Fernando Pérez

Roberto González, Manuel Baltar e Fernando Pérez

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Irmandade Galega de Venezuela, Roberto González Pérez, acompañado do vicepresidente desta entidade, Fernando Pérez Araújo, con quen analizou a situación actual da colectividade de emigrantes ourensáns naquel país, por mor da situación política e social que está a vivir Venezuela.

Manuel Baltar transmitiulle a solidariedade da cidadanía de Ourense co pobo venezolano, en especial cos ourensáns e as súas familias, diante da situación de incerteza que vive aquel país, que, tal como recoñeceu Roberto González, afecta aos ámbitos da sanidade, o emprego, os servizos sociais e a seguridade. O presidente do goberno provincial dixo que a Deputación de Ourense estudará posibilidades de colaboración coa irmandade para axudar a paliar a situación que están a padecer moitos emigrantes ourensáns en Venezuela.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →