Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Teresa Búa gaña o XIII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense

Por   /  24/07/2015 

    Imprimir       Email

xurado.certamen.artes.plasticas.02

 

A artista coruñesa Teresa Búa Samba acadou o primeiro premio na XIII edición do Certame de Artes Plásticas que convoca a Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos coa súa curtametraxe “Jeada”. O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi para a obra “Spanische Akte (über Richter)”, un traballo de pintura de Daniel Cerecedo Bretal, mentres que Marta López López  conseguiu os 1.000 euros do terceiro premio coa obra “Picnic”, una instalación.

Este certame, un dos más consolidados e prestixiosos de Galicia, ten dous accésits con 500 euros cada un, que foi para Marcos Jesús Covela Mira, pola súa obra “Stock”, e para unha pintura de Diego Benéitez Gómez, titulada “Horizonte”.

A esta XIII edición presentáronse máis de cen traballos de toda Galicia e de lugares como Madrid, Sevilla, Asturias, Málaga, San Sebastián, Barcelona ou Bilbao. O xurado estivo integrado por Xosé Manuel Buxán Bran, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, crítico de arte e comisario de exposicións; Mercedes Rozas, crítica de arte e comisaria de exposicións; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; Ángel Cerviño, artista visual, comisario de exposicións e crítico de arte e Manuel Pérez Penín, pintor. Como secretario do xurado actuou Francisco José Cougil Hermida.

O certame complétase cunha exposición que se inaugurará no mes de setembro, onde se poderán ver as obras galardoadas e unha selección das obras presentadas a esta edición.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →