Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

“Termalismo e Calidade de Vida”: O I Congreso internacional da auga reúne en Ourense a 200 expertos

Por   /  23/09/2015 

    Imprimir       Email
  • O presidente da Deputación, Manuel Baltar, dixo na inauguración que orgullo, cooperación e futuro “son as tres palabras que resumen un evento como este no que a investigación e a divulgación son protagonistas para poñer en valor un elemento característico da nosa provincia: a auga”.

1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 MB e Cong AugaO presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe no acto de inauguración do “I Congreso internacional da auga” que orgullo, cooperación e futuro “son as tres palabras que resumen un evento como este no que a investigación e a divulgación son protagonistas para poñer en valor un elemento característico da nosa provincia: a auga”. O presidente do goberno provincial destacou o escenario no que se enmarca o congreso, Expourense, “un proxecto consolidado que acolle importantes eventos internacionais, como o que estes días celebraremos, “Termatalia”, pero tamén é importante subliñar a estreita cooperación que a Deputación e o Campus de Ourense vimos mantendo e que se singulariza na especialización do Campus da Auga”, colaboración pola cal agradeceu o traballo que realiza neste sentido o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Manuel Baltar tamén se referiu ao pulo de competitividade que suporá o desenvolvemento do Plan “Ourense, a provincia termal”, tendo como motor a capital ourensá, afirmando que o termalismo “é un eixo estratéxico de futuro”, e engadiu que eventos como este congreso –do que a Deputación de Ourense é co-organizadora- “contribúen a relanzarnos nacional e internacionalmente”.

Baltar salientou o orgullo que supón para Ourense a posta en marcha do Campus da Auga como “unha vía de diferenciación e especialización” e a importancia da cooperación pública e privada para o futuro deste proxecto e do termalismo.

O acto contou asemade coa presenza do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; do vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, e do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Precisamente, co obxectivo de contribuír desde o eido académico e investigador a dar pulo e soporte ao futuro do sector da auga o I Congreso Internacional da Auga e o I Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida celébrase hoxe e mañá, organizado no marco das actividades do Campus da Auga. Reúne a 200 congresistas de once países co obxectivo de visibilizar o seu traballo no eido da auga, intercambiar coñecementos e abrir novas vías de colaboración.

O congreso celébrase vinculado a Termatalia, a 15ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar, e leva por título “Termalismo e Calidade de Vida”.

O programa do congreso comezou hoxe coa celebración dunha sesión plenaria sobre políticas públicas en termalismo que contou, entre outras intervencións, coa do alcalde de Ourense e de Nava Castro, directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, que destacou como “o turismo termal é un dos baluartes da comunidade galega, a terra da auga” e puxo en cifras e proxectos esta aposta estratéxica polo termalismo.

ourense-1

Con esta mesa deu comezou un amplo programa que conta con 50 comunicacións, ademais de pósters, e que aborda un abano moi amplo de temáticas arredor de catro eixes, que son as augas mineromedicinais e termais; o patrimonio e a arquitectura termal; o turismo experiencial e de saúde, e a investigación xeral sobre a auga. Para abordar estas cuestións, á cita asisten expertos de Francia, Italia, Brasil, Arxentina, Estados Unidos, Portugal, Reino Unido, Ecuador, México, Finlandia e España. Avalando a calidade do evento, o congreso ten un comité científico, liderado polo docente Moncho Gómez Gesteira, formado por 22 persoas pertencentes a doce universidades e entidades científicas de diferentes países.

O papel dos investigadores da Universidade de Vigo neste evento é moi destacado, achegando 17 comunicacións, un obradoiro e once pósters de temáticas moi diversas. Entre os participantes, Elisa Alén, docente da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, foi a encargada na segunda sesión plenaria de falar de termalismo sénior, tendo en conta que son as persoas maiores os principais usuarios destes servizos de benestar.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →