Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Traballo conxunto para mellorar o saneamento e abastecemento de San Cibrao das Viñas

Por   /  06/10/2015 

    Imprimir       Email

ROGELIO MARTÍNEZ DESTACA O TRABALLO CONXUNTO DAS ADMINISTRACIÓNS PARA MELLORAR O SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

  • O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisou onte, xunto co delegado do Goberno en Galicia e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o remate das obras da depuradora deste municipio
  • Esta infraestrutura conta cun investimento de 2.345.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achegou o 20 por cento, e tratará os vertidos da poboación do concello así como dos polígonos de Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Parque Tecnolóxico, e zonas industriais de Barreiros e O Piñeiral

 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá as obras da depuradora de San Cibrao das Viñas  que veñen a estar rematadas, logo de 19 meses de execución. Martínez destacou que esta actuación, froito do esforzo e traballo conxunto entre as distintas administracións, permitirá mellorar o saneamento e abastecemento do concello de San Cibrao das Viñas e das zonas industriais da contorna.

51015 EDAR San Cibrao

O delegado territorial supervisou os traballos xunto co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz,; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e o alcalde do municipio, Manuel Pedro Fernández.

Rogelio Martínez incidiu na colaboración entre administracións –estatal, autonómica e local-, para mellorar aquelas infraestruturas que inciden directamente na calidade da auga que se devolve ao río e, polo tanto, tamén na calidade do medio e no benestar dos cidadáns. Neste caso, permitiu a construción da Edar de San Cibrao das Viñas cun investimento de 2.345.000 euros,  dos que a Xunta achegou un 20%.

51015 Edar San Cibrao das Viñas

Esta actuación hidráulica permitirá solucionar os problemas de filtracións e  a excesiva afluencia de pluviais, así como puntas de contaminación industrial que soporta a actual rede. O delegado territorial tamén destacou que se eliminan os vertidos que chegan ao río e deterioran o estado ecolóxico do Barbaña. “O obxectivo é dar servizo a unha poboación equivalente de 55.000 habitantes. Ademais de tratarse os vertidos de augas residuais dos núcleos poboacionais, se depurarán os dos polígonos industriais de Pereiro de Aguiar, Parque Tecnolóxico e San Cibrao, e das zonas industriais de Barreiros e O Piñeiral”, indicou Martínez.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →