Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Último pleno da lexislatura 2011-2015 na Deputación de Ourense

Por   /  13/07/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 1 1 1 Pleno Dpou xull15

 

A Deputación de Ourense celebrou o sábado os últimos plenos da lexislatura 2011-2015. Foron dúas sesións extraordinarias, de apenas cinco minutos de duración, da Xunta Xeral de Urbaourense e do Pleno da corporación provincial nas que se aprobaron as actas das sesións anteriores, correspondentes ás ordinarias do 24 de abril de 2015.

A sesión plenaria serviu de despedida para os membros que integraron a corporación durante esta lexislatura, e ao remate da mesma o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, agradeceu ás deputadas e deputados o traballo realizado ao longo destes catro anos.

Manuel Baltar dixo que foi unha lexislatura na que a Deputación e a provincia melloraron. “A Deputación de Ourense gañou en converterse nun instrumento transformador da provincia, e na seguinte lexislatura o obxectivo é seguir mellorando”. Baltar agradeceu a colaboración de todos os grupos políticos afirmando que houbo moitos puntos que se aprobaron por unanimidade, “e o goberno coa súa iniciativa foi quen de situar á Deputación á vangarda dos gobernos provinciais de España, facendo axustes duros en materia de persoal pero dando a razón o tempo, como demostra o remanente de Tesourería de 2014, con máis de 25 millóns de euros; gañando en identidade provincial, como por exemplo coa aprobación do Himno Oficial da Provincia de Ourense, o coa celebración da primeira Conferencia nacional de presidentes de gobernos provinciais”.

Manuel Baltar citou tamén proxectos e medidas importantes postos en marcha nesta lexislatura como son a Carta de Servizos máis completa de España, o primeiro Código Ético, a Ordenanza de Transparencia ou o feito de ser convidada a Deputación de Ourense a presentar no Comité das Rexións, en Bruxelas, para expoñer as razóns que xustifican a transformación experimentada polo goberno provincial. “A actividade desenvolvida foi grande, pero nada comparado co que ben –explicou o presidente-. O noso reto ven marcado por unha actitude de autoesixencia permanente, así será o chamamento que lle farei aos grupos da oposición, con quen me reunín xa antes da constitución da corporación, que terá lugar o vindeiro 14 de xullo”.

O presidente do goberno provincial subliñou que a Deputación de Ourense foi a única institución que, ano tras ano, nun contexto de crise económica tan importante, “foi aumentando os seus orzamentos”, e citou a “cooperación” como palabra clave. “Estamos no núcleo duro da Fundación Democracia e Goberno Local e tamén integramos a asociación de concellos máis importante de España despois da FEMP como é a Federación de Concellos con Centrais Hidroeléctricas, que engloba a máis de 1.200 municipios de España, e ademais entraremos a formar parte de Partenalia, a asociación europea de gobernos locais intermedios”. “Son moitos os aspectos salientables –remarcou Manuel Baltar-, pero se tivera que destacar un sería a estabilidade institucional”.

A constitución da corporación provincial da lexislatura 2015-2019 terá lugar nunha sesión plenaria que se celebrará o vindeiro martes, 14 de xullo, no Salón de Plenos da Deputación de Ourense.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →