Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Un congreso para desbotar falsos mitos das enfermidades reumáticas

Por   /  03/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Os reumatólogos abren seu congreso á cidadanía para desbotar falsos mitos e mellorar seu coñecemento das enfermidades reumáticas
  • Na provincia aténdense ao redor de 10.000 consultas ano cunha incidencia de entre 2000-2500 novos pacientes anuais
  • O 46 Congreso Galego de Reumatoloxía oferta este venres unha xornada aberta ao público sobre os avances nos tratamentos, desbotar falsos mitos e a influencia de alimentación e exercicio
  • O servizo de Reumatoloxía ampliouse recentemente aos hospitais de Verín e Valdeorras e está a implantar consultas de alta resolución, con ecografía intervencionista, para axilizar o diagnóstico e acceso a tratamento
  • Os especialistas destacan que as enfermidades reumáticas afectan a tódalas idades e animan aos seus pacientes a mellorar seu coñecemento e autoxestión creando e participando en asociacións de pacientes

 

banner-reumatologia-d

 

Mañá venres, o “46 Congreso da Sociedade Galega de Reumatoloxía”, que este ano organiza o Servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, abrirá en Ourense cunha xornada aberta aos pacientes e a cidadanía, destinada a mellorar seus coñecementos sobre as enfermidade reumáticas, seus avances nos últimos anos, desbotar falsos mitos así como a destacar a importancia da alimentación e o exercicio na calidade de vida dos pacientes.

Na presentación onte do congreso galego, que reunirá na nosa cidade a especialistas de toda a comunidade, a responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, destacou o avance que representa a extensión das consultas de reumatoloxía á totalidade de hospitais da provincia, coa súa ampliación aos hospitais comarcais de Verín e Valdeorras, e felicitou ao servizo pola implantación de consultas de alta resolución, con ecografía intervencionista, o que posibilita axilizar os tempos de diagnóstico e acceso a tratamento dos pacientes.

Tanto a responsable deste servizo sanitario público en Ourense como o xefe de servizo de Reumatoloxía, e presidente do Comité Organizador, Manuel Rodríguez, destacaron o avance rexistrado nos últimos anos nos tratamentos, grazas a dispoñibilidade de novos fármacos biolóxicos, que compensan seu alto custe pola gran mellora que representan, cara a ralentización e control dos síntomas de diferentes enfermidades reumatolóxicas crónicas, subliñando a aposta e compromiso dos especialistas ourensáns polo emprego de biosimilares.

Patoloxías de todas as idades

Contrariamente á crenza popular, as patoloxías reumáticas non son patrimonio dos maiores. Luis Fernández, do servizo de Reumatoloxía do CHUO e vocal da Sociedade Galega de Reumatoloxía, destacou que, salvo as dexenerativas como a artrose, a maioría das enfermidades reumáticas son mais propias da mediana idade, afectando incluso a nenos en idade pediátrica, subliñando a existencia en Ourense dunha consulta de Reumatoloxía Pediátrica.

Neste mesmo capítulo de falsos mitos, o doutor Fernández lembrou que o clima ou a humidade non teñen incidencia no desenvolvemento ou maior incidencia da “reuma”, aínda que recentes estudos veñen a confirmar que as articulacións, especialmente cando están afectadas por algún proceso reumático, contan con receptores que detectan o cambio de presión ambiental, e conseguintemente actúan como predictores de cambios climáticos, comunmente antecedidos por variacións da presión atmosférica.

Entre as particularidades dos pacientes en Ourense, Fernández destacou a incidencia, especialmente na área de Valdeorras da esclerodermia, grave enfemidade autoinmune que se caracteriza polo engrosamento e endurecemento da pel, que tamén pode afectar a diversos órganos internos. Mais común entre mulleres, afecta a persoas de 30 a 50 anos de idade. Aínda que se descoñecen as súas causas, un dos seus factores de risco ambientais son a exposición ao po de sílice, mineral presente en certos tipos de rocas naturais como a pizarra.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →