Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

VI Encontro Internacional de Poesía

Por   /  01/10/2015 

    Imprimir       Email

Rosendo Fernández recibiu a poetas de distintos países na Deputación de Ourense

  • Visitaron hoxe xunto a membros do Círculo Poético Ourensán o ente provincial con motivo do “VI Encontro Internacional de Poesía”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu esta mañá na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a membros do Círculo Poético Ourensán, quen, xunto con poetas de distintos países, visitaron o ente provincial con motivo do “VI Encontro Internacional de Poesía”. Durante o encontro, Rosendo Fernández, explicoulles o funcionamento da Deputación de Ourense e agradeceulles o interese por coñecer a sede do goberno provincial.

Rosendo Fernández recibe a poetas de distintos países

O VI Encontro internacional de poesía é un evento co-organizado pola Deputación de Ourense, que conta coa participación de poetas de Portugal, México, Bolivia, Colombia e Alxeria. Os poetas visitarán na xornada de mañá os colexios Manuel Sueiro, O Couto, Salesianos e a Universidade Laboral, para achegar a poesía aos máis novos. Durante os días 2, 3 e 4 de outubro, o programa da sexta edición do “Encontro Internacional de Poesía” acolle espectáculos de música, teatro e poesía, así como a “Gala Círculo Poético Ourensán” que terá lugar no Centro Cultural “Anxel Valente”, onde o Círculo Poético Ourensán, entregará os premios á promoción e difusión da cultura, que este ano recaen en Onda Cero polo seu programa “Ourense na onda”, en Marina Sánchez polo programa cultural de Telemiño “El Rompecabezas” e na Rondalla “Alecrin”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →