Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

VI “Parroira-Bike”: máis de 500 inscritos

Por   /  29/09/2015 

    Imprimir       Email

A sexta edición de “Parroira-Bike” conta con máis de 500 inscritos.

  • Esta actividade deportiva terá lugar o 4 de outubro no municipio da Merca e os interesados poderán inscribirse ata o 30 de setembro

A sexta edición do roteiro BTT “Parroira-Bike” chega un ano máis ao municipio da Merca, o vindeiro 4 de outubro, ás 9.00 horas dende o Polideportivo municipal. A presentación desta cita deportiva tivo lugar onte no Pazo Provincial e contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o concelleiro de Deportes da Merca, José Manuel Taín; e os socios fundadores do Club Ciclista Endoureiros, Javier Soto e Iván Souto.

Presentación da VI  Parroira-Bike

Presentación da VI Parroira-Bike onte no Pazo Provincial

“A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa deportiva porque está sempre coa cultura e o deporte”, afirmou Rosendo Fernández, e engadiu, “cando falamos de deporte falamos de esforzo, de ocio e de saúde, e se ademais, vai polo territorio da Merca, aúnase natureza e gastronomía”.

José Manuel Taín, agradeceu aos membros de Endoureiros por “escoller o municipio da Merca, en concreto o val da Broa, para celebrar esta actividade deportiva”. Ademais, destacou que este ano “ten unha notoriedade singular, pois ata o momento, hai máis de 500 inscritos a un par de días de pechar o prazo de inscricións”.

Os interesados en participar teñen de prazo ata o 30 de setembro para inscribirse. O prezo da inscrición é de 9 euros e inclúe avituallamento, seguro, lavado de bicicletas, duchas e vestiarios, e por 10 euros máis poderán comer no Polideportivo da Merca.Os participantes poderán escoller entre a ruta longa de 48 quilómetros ou a ruta curta de 37 quilómetros.

Bernardino González agradeceu ao concello da Merca e o Club Ciclista Endoureiros, “por facer que a nosa provincia acolla este tipo de iniciativas deportivas que tanto nos benefician a nivel de proxección de imaxe e de saúde”. Javier Soto destacou que cada ano “conseguimos que veñan máis participantes non só de Ourense, tamén de Galicia e doutras rexións, o que nos dá forzas para seguir mellorando cada ano”.

Os membros de Endoureiros levan ao redor de tres meses traballando para preparar a ruta na que se desenvolve a proba de BTT, realizando labores como limpar camiños, marcar e sinalizar, “para que todos poidamos gozar e seguir ofrecendo máis edicións e compartir con outra xente a nosa afección”, afirmou Iván Souto.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →