Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Vicepresidencia inviste 140.000 euros en seis concellos ourensáns para a mellora de infraestruturas e servizos

Por   /  01/09/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (1)O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asinou onte varios convenios de colaboración para a mellora de infraestruturas e servizos nos concellos ourensáns de Baltar, Boborás, Petín, Quintela de Leirado, San Cibrao das Viñas e A Teixeira. O importe total das axudas ascende a 140.000 euros.

Así, a Xunta fará unha achega de case 20.000 euros ao municipio de Baltar para a execución de obras de rehabilitación da fonte e do lavadoiro en Tosende e a restauración da fonte en San Paio. No caso de Boborás, recibirá preto de 40.000 euros para a construción dun parque infantil e a instalación de elementos saudables nas inmediacións do concello. As actuacións que se levarán a cabo en Petín, contemplan a mellora de accesos ao núcleo do municipio, cun importe total de 24.000 euros.

Por outra banda, algo máis de 24.000 euros destinaranse a traballos de adecuación no parque infantil do núcleo de Quintela de Leirado e a labores de mellora no concello de A Teixeira. Por último, 33.000 euros correspóndenlle ao municipio de San Cibrao das Viñas, no que as melloras se centrarán no acondicionamento da praza da Constitución.

Rogelio Martínez explicou que “todas as actuacións teñen como finalidade dotar dun servizo básico e demandado ás vivendas destes núcleos poboacionais”.

Fondos Feader
Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia. Este programa, ao igual que a Xunta, ten entre as súas prioridades favorecer as condicións de vida das persoas residentes nas áreas rurais, mellorando as dotacións existentes de infraestruturas básicas e levando a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

Así, dende o Goberno galego apóianse aquelas actuacións cuxa finalidade sexa a creación e/ou mellora de infraestruturas e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais básicos, como é o caso dos concellos de Baltar, Boborás, Petín, Quintela de Leirado, San Cibrao das Viñas e A Teixeira.

As actuacións susceptibles de ser beneficiadas responderán a proxectos de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos —prazas, paseos, rúas, parques públicos e parques infantís—; edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos administrativos; e instalacións deportivas de uso público; así como as súas respectivas dotacións de equipamentos. Ademais, tamén serán subvencionables a instalación, ampliación ou mellora das redes de alumeado público e a pavimentación de vías municipais, que non estean incluídas no programa de mellora de camiños do concello.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →