Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Videoclip “A Cidade”: Os nenos enchen de vida as rúas de Ourense

Por   /  19/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Os nenos enchen de vida as rúas de Ourense no videoclip “A Cidade”
  • A Deputación de Ourense colabora con este proxecto cultural, composto e interpretado por Magín Blanco e Uxía Domínguez, coa letra de Manuel María

image_gallery-1

 

O videoclip “A Cidade” composto e interpretado por Magín Blanco e Uxía Domínguez, coa letra de Manuel María (As rúas do vento ceibe, 1979), ten como protagonistas aos máis cativos, nenos e nenas que dan cor e vida aos lugares polos que pasan na cidade de Ourense. A presentación deste proxecto cultural tivo lugar onte no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a xefa territorial de Educación da Xunta, Mercedes Gallego; os directores do videoclip, Marcos Nine e Otto Roca; os músicos, Magín Blanco e Uxía Domínguez; e a responsable do colectivo “Re.creo”, Marta Somoza.

A Deputación de Ourense colabora con este proxecto musical que “ensalza a figura de Manuel María a quen foi dedicado este ano o Día das Letras Galegas, e difundir esta obra na que se da a coñecer a realidade da nosa cidade e aqueles lugares seleccionados na proxección que axudarán a construír un imaxinario actual da cidade de Ourense”, dixo Rosendo Fernández. Asemade, salientou a triple lectura da obra determinada pola “letra da canción, as imaxes da cidade e a narración simbólica dos nenos portadores das cores”.

O poema “A Cidade” de Manuel María é “un dos máis coñecidos á hora de xogar coa poética dedicada aos nenos e co fomento da lingua aplicado aos ámbitos máis urbanos”, afirmou Valentín García, e animou a continuar traballando nesta senda de “crear audiovisual e formatos que promovan a lingua na nosa mocidade e infancia”.

Presentación do videoclip A Cidade

Presentación do videoclip A Cidade

 

Marcos Nine explicou que a idea xurdiu “a partir da canción “A Cidade” e xogando coa idea de que os nenos sexan os protagonistas, pensamos na metáfora de que foran eles os que levaran a cor aos distintos escenarios que estaban ilustrados nos versos de Manuel María, e ese “levar a cor” era representar simbolicamente a vida que hai nos sitios e que os nenos son os que a levan”. Pola súa parte, Otto Roca agradeceu a colaboración de toda a cidadanía de Ourense que participou no vídeo a través do Colectivo Re.creo.

Marta Somoza explicou que o que se buscaba era representar neste proxecto “a diversidade da cidade tanto nos lugares como na xente, pero especialmente nos nenos. Nárrase como é a cidade formada polo conxunto de barrios que están entrelazados e solapados e tamén buscamos que nese imaxinario estiveran presentes os elementos máis significativos da cidade como o Teatro Principal, o Museo Arqueolóxico, o Cemiterio de San Francisco, entre outros”.

“A nosa canción “A Cidade” está incluída nun libro-CD chamado Canta o cuco, que editou Galaxia dedicado integramente á figura de Manuel María e a mostrar a conexión do autor co universo infantil. Nesta peza en concreto nós tratamos de traer a Manuel María, á linguaxe musical contemporánea e facer un tema fresco, polo tanto, o clip adecuase perfectamente ao noso concepto”, salientou Uxía Domínguez.

Virxilio Rodríguez dixo que a proxección reflexa “as tarefas que o colectivo estivo a facer nas instalacións do Campus de Ourense ao longo do curso académica anterior”, e destacou os valores que sintetiza este vídeo musical e “cos que o Campus está comprometido como son a cidadanía, a lingua e a educación”.

Video

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →