Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

VII edición da Ruta dos Castros, ‘Unha andaina pola historia’

Por   /  21/05/2016 

    Imprimir       Email
  • A historia de Cualedro a través da Ruta dos Castros

Juan Anta, Eduardo Castro, Luciano Rivero, Amaya Álvarez e Rosendo Fernández

 

A VII edición da Ruta dos Castros baixo o lema unha andaina pola historia, mesturará natureza, historia e deporte, no municipio de Cualedro o vindeiro domingo, 22 de maio. A presentación deste evento tivo lugar onte no Pazo Provincial onde participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Deportes e alcalde de A Veiga, Juan Anta; o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; a presidenta da Asociación de Sendeirismo, Amaya Álvarez, e o investigador Eduardo Castro.

Rosendo Fernández salientou que esta andaina discorre polos principais lugares patrimoniais do municipio, polo que os participantes poderán contemplar “o cruceiro de Lucenza, a capela de Santa Marta, a mámoa do Madorriño, o Castro da Saceda, a Fonte da Ola ou o Castro de San Millán”. A Deputación de Ourense está “ao carón dos concellos do rural pola súa cultura, polo seu turismo e o seu medio ambiente”, sinalou Rosendo Fernández.

A andaina ten unha distancia de 16 quilómetros que “cumpre cos requisitos dun paseo familiar, por iso todos os anos hai moita afluencia”, dixo Amaya Álvarez. O trazado da ruta é “de baixa dificultade e case todo o percorrido discorre por camiños de terra”, explicou Eduardo Castro, que engadiu, “Cualedro ten moita historia non só polos seus castros ou a mámoa, senón que ten lagares rupestres, dos que están catalogados cinco pero que están a aparecer continuamente, polo tanto, é importante que coñezamos a nosa historia porque os pobos que non coñecen a súa historia ás veces vénse obrigados a repetila”.

Luciano Rivero explicou que esta andaina supón unha gran oportunidade “para dar a coñecer o noso territorio e os nosos recursos turísticos, pois contamos con máis de 40 xacementos arqueolóxicos”. En concreto, o Castro da Salceda é “o único que ten a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) na provincia de Ourense”, destacou o alcalde de Cualedro.

Actualmente están inscritos nesta andaina “150 participantes pero esperamos que nos vindeiros días cheguemos aos 200 inscritos”, afirmou Luciano Rivero.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →