Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Visita a las obras de la Residencia de Cabeza de Vaca

Por   /  28/08/2015 

    Imprimir       Email

Cabeza

 

A Consellería de Traballo e Benestar investiu máis de 49.000 euros na remodelación do salón de actos da Residencia de Maiores “Nosa Señora dos Milagres”, emprazada na localidade de Cabeza de Vaca, no concello ourensán de Barbadás. A maiores, 5.000 euros destináronse á substitución da iluminación do xardín por farois de baixo consumo enerxético.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, visitou esta mañá as instalacións para comprobar o resultado das obras de reforma, que permitirán “mellorar as condicións de habitabilidade, calidade, seguridade e comodidade dos usuarios”, explicou Martínez.

O salón de actos contaba con chan en pendente na planta baixa e con bancadas graduadas na planta alta, dificultando a accesibilidade. Así, desmontáronse as butacas, o escenario, o telón, os falcoils, as canalizacións e a instalación eléctrica para despois nivelar o chan. Colocáronse portas devasas, unha nova iluminación e megafonía. Abriuse, así mesmo, un muro acristalado a un corredor de acceso e un rebaixe de falso teito sobre o escenario.

O delegado explicou que este proxecto enmárcase na aposta da Xunta de Galicia por garantir e mellorar o benestar dos maiores, xa que case a cuarta parte da poboación galega supera os 65 anos de idade.

Rogelio Martínez aproveitou a visita para percorrer o centro, no que na actualidade viven 130 anciáns atendidos por un total de 92 traballadores. O centro presta servizos de rehabilitación e fisioterapia, podoloxía, perruquería; ademais dos servizos residenciais propios como de aloxamento, comida, limpeza- lavandería, aseo a dependentes, e atención médica e de enfermaría. Tamén conta cun amplo xardín acondicionado para o lecer das persoas de terceira idade alí aloxadas e para as súas visitas. Ten 52 habitacións individuais, 33 dobres, 4 triplas e conta tamén con 7 camas de enfermaría.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →