Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

‘XLV Festa do Peixe’ de Bande, música, deporte e gastronomía

Por   /  19/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Música, gastronomía e deporte, na XLV edición da “Festa do Peixe” de Bande
José Antonio Armada, Rosendo Fernández e José Emilio Rodríguez

José Antonio Armada, Rosendo Fernández e José Emilio Rodríguez

 

A “XLV Festa do Peixe” encherá o municipio de Bande de música, deporte e gastronomía os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio. O acto de presentación tivo lugar onte no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o alcalde de Bande, José Antonio Armada; e o representantes do “Club O Peixe”, José Emilio Rodríguez.

Rosendo Fernández destacou que a Deputación de Ourense colabora con esta celebración lúdica, gastronómica e deportiva “que é unha excelente mostra das nosas tradicións, sendo a festa máis antiga de Galicia, que abre o calendario de celebracións gastronómicas na provincia de Ourense”.

A programación inclúe o tradicional campionato de pesca, que terá lugar o 22 de maio, e que é o “xerme desta celebración”, asegurou Jose Antonio Armada. Este ano vai vencellado á solidariedade, xa que “para facer a inscrición, débese entregar un quilo de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos”, destacou José Emilio Rodríguez, quen engadiu que se trata do campionato de pesca “dos máis antigos de Galicia e dos poucos que hai de peixes, que é algo noso de Ourense”. A competición realizarase no río Limia con máis cincuenta pescadores procedentes de Galicia e do Norte de Portugal”.

O alcalde de Bande destacou tamén do programa o aspecto gastronómico e lúdico desta celebración declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”, na que, tendo como escenario a Praza da Constitución, haberá degustacións de produtos tradicionais e actuacións musicais a cargo da Banda de Gaitas e Pandereteiras de Bande, e as charangas Os Bandiños e BB+, que participarán o venres na inauguración do evento.

O sábado, 21 de maio, celebrarase ao longo de todo o día un concurso de caza, e tamén unha gimkana fotográfica en familia, ademais dun mercado de artesanía con preto de 40 postos. Asemade, unha exhibición de patinaxe por parte de nenos de Bande e unha demostración de salto con patíns, a cargo de Freestyle Slalom Vigo, poñerá a nota deportiva da festa “pois a patinaxe é unha modalidade que está a ter moita aceptación no noso municipio”, afirmou José Antonio Armada. Tamén, no denominado “Charagódromo” de Bande actuarán as charangas Compostela, Mekánica, e haberá unha sesión DJ a cargo de “Montamos la fiesta”. Para os máis cativos, programouse o espectáculo “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”.

O domingo, 22 de maio, ademais do campionato de pesca, actuará a Charanga de Bande, o grupo Castrexos, e haberá un concerto de acordeóns a cargo da asociación cultural “Os Gandeiros da Baixa Limia”, así como, unha exhibición de Zumba. Ao remate da xornada, terá lugar a degustación dos peixes capturados ao longo do día, xunto con empanadas e pan artesanal do forno de Vilar de Bande, “todo elo co obxectivo de buscar os sabores de antes e manter vivas as nosas tradicións”, explicou José Antonio Armada, que apuntou que o ano pasado máis 1.500 persoas se achegaron a Bande para gozar desta celebración.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →