Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Xornada dedicada á patinaxe artística en Ourense, Copa Deputación e exhibición

Por   /  18/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Competición e exhibición de patinaxe artística en Ourense
  • A Deputación de Ourense colabora con esta celebración deportiva que se celebrará mañá sábado, 19 de novembro

 

Manuel Seguín, Nuria Rives, Rosendo Fernández e Bernardino González

Manuel Seguín, Nuria Rives, Rosendo Fernández e Bernardino González

 

Mañá sábado, 19 de novembro, Ourense acollerá unha xornada dedicada á patinaxe artística, pola mañá coa celebración da Copa Deputación de Ourense no Pavillón do Campus Universitario, onde competirán os patinadores da provincia de Ourense desde as 10.30 ás 13.30 horas. Pola tarde, no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, terá lugar a Gala de campións galegos de patinaxe artística, na que os mellores patinadores galegos a nivel nacional e internacional realizarán unha exhibición. A presentación desta celebración deportiva tivo lugar onte no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o coordinador da Asociación Xuvenil “Amencer”, Manuel Seguin, e a presidenta do Club Deportivo Ourela, Nuria Rives.

Rosendo Fernández salientou a colaboración constante da Deputación de Ourense coas “iniciativas deportivas, que nesta ocasión mesturan deporte e solidariedade, e que reunirá en Ourense, a un elenco de patinadores de gran nivel”. Asemade destacou a capacidade organizativa de Ourense “ao acoller este evento tralo éxito acadado coa Copa Galega de Grupos en abril do ano 2015, e que demostrou a gran calidade das instalacións do Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación de Ourense”.

A presidenta do Club Deportivo Ourela explicou que a Copa Deputación de Ourense será unha competición na que “participarán nenos e nenas dos clubs da provincia de Ourense, que son o Club Fénix e o Club Deportivo Ourela. Os rapaces competirán en todos os niveis e haberá tres xuíces da Federación Galega”. Na xornada da tarde, participarán os campións galegos a nivel internacional e nacional nunha gala de exhibición “por categorías de libres, parellas e grupos. Os patinadores da modalidade “Figuras obrigatorias” por cuestións técnicas estarán na gala pero non patinarán”, engadiu Nuria Rives.

En total serán preto de 60 patinadores e patinadores, os que participen nesta xornada “nunha modalidade deportiva que se atopa en auxe e que cada vez son máis os nenos e nenas que se apuntan a esta disciplina”, dixo a presidenta do Club Deportivo Ourela.

Pola súa parte, Bernardino González destacou o labor que realiza o goberno provincial en materia deportiva e que hoxe “presenta unha das 40 modalidades deportivas que se celebran na Copa Deputación de Ourense”. A entrada para asistir a estes dous eventos será gratuíta.

Asemade, ambas celebracións contarán cun espazo solidario, a través da recollida de alimentos que estarán nos dous recintos, destinados á “Operación Quilo” 2016. Manuel Seguín, quen agradeceu a colaboración con este tipo de iniciativas, dixo que a “Operación Quilo” é “a primeira actividade da asociación, a cal levamos realizando desde hai 30 anos, e que cada vez vai a máis”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →