Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Xornadas de formación sobre “Vilas termais” no C.C. Marcos Valcárcel

Por   /  18/11/2015 

    Imprimir       Email
  • As xornadas de formación sobre “Vilas termais” analizan aspectos de innovación na xestión do turismo termal
  • Están organizadas pola FEMP coa colaboración da Deputación de Ourense
Inauguración das xornadas de formación “Nuevos Retos en la gestión de las Villas Termales”

Inauguración das xornadas de formación “Nuevos Retos en la gestión de las Villas Termales”

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a alcaldesa de Lobios e presidenta da sección de Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias, María del Carmen Yáñez Salgado, inauguraron esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” as xornadas de formación sobre “Nuevos retos en la gestión de las Villas Termales” que teñen como obxectivo seguir mellorando a formación en materia de termalismo e dotando aos xestores deste ámbito de ferramentas innovadoras que favorezan avances e novos coñecementos. As xornadas desenvólvense entres os días 18 e 19 de novembro e están abertas a técnicos en Turismo das entidades locais e axentes de desenvolvemento local que se encarguen da xestión turística en municipios con turismo termal.

Rosendo Fernández destacou cos cambios, a rapidez e o dinamismo do sector turístico “supoñen un reto que obriga a que todos os actores no ámbito do termalismo, institucións, entes privados e o sector académico a actualizar os coñecementos”, e engadiu que a Deputación de Ourense “considera importante estas xornadas porque achegan contidos actuais e útiles para a mellora da competitividade dos destinos turísticos cuxo produto é o turismo termal”.

Pola súa banda, María del Carmen Yáñez asegurou que este curso que ten como propósito mellorar a competitividade dos destinos turísticos termais, tamén ten como obxectivo “dar a coñecer os diferentes modelos de xestión turística local de municipios termais, a importancia da colaboración público-privada na xestión turística local, e en suma cos ponentes poidan trasladar a todos as súas experiencias e boas prácticas na xestión dos municipios termais”.

O curso enmárcase dentro do plan de formación continua da FEMP. O programa inclúe achegas dos Concellos de Ourense, Olmedo e Baños de Montemayor, que trasladarán a súa experiencia como municipios turísticos termais. Outra das actividades programadas para estas xornadas corre a cargo da Deputación de Ourense que explicará cómo crear un programa de termalismo social dende un ámbito local co uso das novas tecnoloxías e a mobilidade do tren. Dous representantes da “Villa Termal” de Cataluña exporán a súa experiencia en colaboración conxunta e traballo en rede. Asemade terá lugar un taller para aprender a deseñar, crear e promover un produto turístico.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →