Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Xunta e Subdelegación do Goberno de Ourense colaboran nunha campaña de prevención de accidentes de tractores

Por   /  20/06/2015 

    Imprimir       Email

DSC_2038

 

Xunta e Subdelegación do Goberno colaboran en Ourense  no desenvolvemento dunha nova campaña de prevención e sensibilización sobre sinistralidade laboral ou en estrada do tractor, que vén a complementar e reforzar á desenvolta o pasado ano pola Consellería de Traballo e Benestar.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez,  e o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, presentaron hoxe na cidade das Burgas esta iniciativa, que ten como obxectivo reducir ao máximo o número de accidentes que se  producen en Galicia ao usar este vehículo. Indicaron que esta campaña centrarase especialmente nas envorcaduras, en tanto son a principal causa de accidentes de tractor, seguida polo atrapamento na toma de forza e polos de circulación.

De feito, hai que recordar que o tractor é, ao mesmo tempo, unha maquinaria de traballo e un medio de transporte, polo que boa parte dos accidentes rexistrados non son catalogados como laborais ou de circulación. “En calquera caso, preocúpannos todos e cada un dos accidentes, e queremos reducilos ao mínimo posible”, subliñou Martínez.

Rogelio Martínez subliñou que Ourense é a provincia galega onde  desde o 2011 téñense rexistrado menos accidentes de tractor, mortais e non mortais, laborais e non laborais. En total, 21 sinistros que tiveron un total de 8 vítimas mortais. Neste dato pode influír tamén que a nosa provincia é a que conta co parque móbil de tractores máis pequeno da comunidade autónoma, cun total de 50.114 vehículos, o que representa o 12% do total cifrado en 405.100 tractores.

Pola súa banda, Roberto Castro incidiu na importancia desta campaña, no contexto dunha provincia coa poboación moi envellecida e rural, como é Ourense. Asemade, aproveitou para facer unha chamada á prudencia, no manexo de tractores.

Durante a campaña distribuiranse máis de 33.500 trípticos e 1.600 carteis elaborados polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar.

O material incluirá información sobre os elementos de protección da máquina e o seu mantemento, as medidas para evitar envorcaduras e un apartado específico sobre seguridade viaria. Distribuiranse a través de catro puntos principais: os controis en estrada que realice a Garda Civil a tractores; nas unidades móbiles para tractores da ITV, así como nos seus puntos fixos; e nos concellos, especialmente naqueles do rural.

Esta iniciativa complementarase cos 15 cursos que impartirá o ISSGA centrados no manexo do tractor. Esta oferta forma parte dunha programación máis ampla, de 53 actividades formativas, centrada no sector agrícola e que inclúe outras áreas como a maquinaria forestal, as explotacións agropecuarias ou a prevención do uso nos produtos químicos fitosanitarios.

Plan Estratéxico 2015-2020

O obxectivo, segundo Rogelio Martínez, é seguir avanzando na prevención de riscos laborais e, por iso, agora mesmo estase traballando no desenvolvemento do Plan estratéxico de seguridade e saúde laboral para o período de 2015-2020. Esta planificación dará continuidade á que xa se desenvolveu entre 2011 e 2014, e incluirá todas as melloras e actualizacións que sexan necesarias. O borrador desta estratexia xa foi presentado aos axentes sociais e agora mesmo atópase en fase de alegacións.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →