Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

XXXI edición do Premio “Antón Losada Diéguez”, axuda de 6.000 euros

Por   /  12/08/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta de Goberno da Deputación colabora coa XXXI edición do Premio “Antón Losada Diéguez”
Xunta de Goberno 11/08/16

Xunta de Goberno 11/08/16

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebradaonte no Pazo Provincial aprobou unha axuda de 6.000 euros para o Concello de Boborás, destinada á XXXI edición do Premio “Antón Losada Diéguez” que leva a desenvolverse anualmente desde o ano 1985. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 11 de agosto.

A XXXI edición do premio “Antón Losada Diéguez” recoñeceu as obras “Un animal chamado néboa” de Ledicia Costas, na categoría de creación literaria, e a obra “Vicente Risco. Mestre de mestres” de Xosé Fernández Fernández, na categoría de investigación e ensaio.

Este premio literario conta cunha dotación de 6.000 euros por categoría e galardoa obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais.

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a resolución complementaria á convocatoria de axudas para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2016, así como a resolución dos recursos presentados contra a resolución da convocatoria de entidades deportivas 2016.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →