Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

A Asociación de Coveiros de Vilamartín promove unha Pancetada Cultural

Por   /  30/04/2015 

    Imprimir       Email
pancetada cultural 22 (1)

 

Asociación de Coveiros de Vilamartín, Pancetada Cultural.

Con esta pancetada cultural trataan de darlle unha volta á tradicional pancetada, que viñase facendo dende a asociación de coveiros de Vilamartín para os membros da asociación, pero desta volta decidiron darlle unha pequena volta máis, abrila a toda a veciñanza e ás persoas que queiran achegarse até a localidade dende os concellos veciños.

Contarán nesta ocasión coa presenza do mago Antón como principal reclamo, que virá acompañado de outros artistas como son, unha parte do grupo de micro efectos dramatúrxicos que interprentarán unha peza de microteatro, xunto coa presenza de Rachel, unha polífacética contadora de historias e cantante que intercalará música e relatos.

A actividade consiste en que cada un dos artistas estará coa súa interpretación nunha cova, e o público irá de cova a cova, vendo cada unha das actividades que se desenvolven, de xeito que con varios pases que se levan cada media hora, poderemos ver diferentes espectáculos e polo medio, tomando un viño de cada unha das covas ás que asistimos, para rematar, cunha pequena pancetada na grella para todos os asistentes.

O primeiro pase realízase ás 20:30h, polo que teredes que espabilar para ver os tres pases e a todos os artistas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →