Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

A comunidade educativa do CEIP Julio Gurriarán anuncia novas mobilizacións para reclamar un pavillón

Por   /  19/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Novas mobilizacións da comunidade educativa do CEIP Julio Gurriarán para reclamar un pavillón
CEIP Julio Gurriarán

CEIP Julio Gurriarán

 

A comunidade educativa do CEIP Julio Gurriarán anuncia novas mobilizacións para o inicio deste curso que comeza, outro ano máis, sen o pavillón prometido pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

Durante xa máis de dez anos estase a reclamar un pavillón propio para o colexio sen necesidade de desprazarse cos nenos e nenas fóra do centro.

Tras as manifestacións de malestar da ANPA durante o curso pasado a Consellería ofreceu iniciar as obras en dúas fases, comprometéndose a pagar unha pequena cantidade para iniciar a construción do pavillón e deixar a maior parte do custo a cargo do concello do Barco.

Esta proposta non fixo máis que disgustar e aumentar o xa grande malestar existente, posto que a ANPA considera responsabilidade total e absoluta da Consellería de Educación facerse cargo do proxecto do pavillón e do custo total ou da maior parte do mesmo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →