Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

A imaxe de Destino Turístico Starlight Trevinca, finalista nos mundialmente coñecidos World Photography Awards 2016 by Sony

Por   /  25/02/2016 

    Imprimir       Email
  • ‘A Vía Láctea máis bonita do mundo está en Trevinca e a súa mellor foto é ésta…’

via lactea laguna en verde

Carlos F. Turienzo leva a “Vía Láctea sobre a Lagoa das Tablillas” por todo o mundo, tras quedar finalista no SONY WORLD PHOTOGRAPHY AWARDS 2016 (http://worldphoto.org/images/image­gallery/31790/), o máis grande e un dos máis respetados premios de fotografía do mundo.

Os fotógrafos foron seleccionados como finalistas entre un récord de 230.103 inscricións de 186 países. A lista de finalistas deste ano caracterízase pola internacionalidade, con máis de 270 fotógrafos de case 60 países, a cifra máis alta nos nove anos de historia dos premios. Tamén é significativo o crecemento considerable do concurso Profesional, cun aumento de inscricións do 45 % no 2015.

Esta fotografía, finalista no concurso, é imaxe promocional do Destino Turístico Starlight Trevinca: O Camiño das Estrelas. Vista nocturna dende as Lagoas Glaciares de Trevinca. O Concello de A Veiga felicita a Carlos F. Turienzo e agradece a divulgación de Trevinca como Destino Starlight grazas á súa fotografía.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →