Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

A Veiga convoca o Grand Prix Race Edition 2016, probas de habilidade e axilidade mental para nenos e adultos

Por   /  01/06/2016 

    Imprimir       Email
  • Desenvolveranse o 24 e 25 de xuño, as inscricións están abertas e haberá premios de de 100 a 1.000 euros ademais de aloxamentos de fin de semana en casas de turismo rural

1 (1)

 

O vindeiro mes de xuño, os días 24 e 25, o municipio de A Veiga acollerá a proba deportiva de habilidade Grand Prix Race Edition 2016. Consiste nun circuíto de 6 kilómetros no que se intercalan diferentes obstáculos naturais e artificiais, ademais de probas de equilibrio, coordinación e habilidades de axilidade mental que os participantes deberán resolver contra reloxo e coa axuda dos demais compañeiros de competición.

Os premios será na categoría de promesa e junior: material deportivo por valor de 200€ para o colexio máis numeroso; material deportivo ao equipo máis afastado e agasallos aos tres primeiros equipos.

Na categoría de adultos haberá cinco primeiros premios: 1º, 1.000€  máis estancia fin de semana, de dúas noites, nun aloxamento de turismo rural de A Veiga para tódolos integrantes do equipo; 2º, 500€ máis estancia fin de semana de dúas noites nun aloxamento de turismo rural de A Veiga para tódolos integrantes do equipo; 3º, 200€ máis estancia fin de semana de dúas noites nun aloxamento de turismo rural de A Veiga para tódolos integrantes do equipo; 4º, 150€ , e 5º, 100€.

Ademáis, obsequiarase con agasallos de produtos típicos da provincia ao equipo máis afastado e haberá sorteos xerais entre todos os equipos. Tódolos participantes terán dereito a unha camiseta, unha medalla Finisher, aos avituallamientos correspondentes e ao seguro de accidentes.

Para participar no “Grand Prix” é preciso formar un equipo mixto de entre 6 e 12 integrantes, que representará ao lugar de residencia da maioría deles, dende un barrio a unha parroquia ata unha gran cidade.

O alcalde, Juan Anta Rodríguez, manifestou que hai que lembrar que siguen abiertas inscricións no Concello de A Veiga e que tamén pódense formalizar a través de internet en http://www.elgrandprix.es/p/inscripciones.html

3

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →