Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

A Veiga é Municipio Turístico. Axudas para os dez ourensáns

Por   /  13/02/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta colabora cos 10 municipios turísticos da provincia de Ourense na contratación de persoal para as súas oficinas de turismo
  • O orzamento destinado é de 250.000 euros e o prazo de solicitude remata o 27 de febreiro
  • A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, lembra que o obxectivo da convocatoria desta Orde é “ manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios coa devandita declaración”
  • As entidades beneficiarias poderán contratar persoal durante os tres meses de verán
prai1

A Veiga

Turismo de Galicia vén de abrir a liña de axudas para os concellos declarados Municipios Turísticos orientadas a colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo. Deste xeito, dáse cumprimento á Lei 7/2011, de 27 de outubro do Turismo de Galicia, que no seu artigo 29, determina que os municipios turísticos deben ser obxecto de atención preferente nas liñas e medidas de fomento económico establecidas pola Administración da Xunta de Galicia.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, anima aos concellos ourensáns que contan coa devandita declaración a beneficiarse destas subvencións que “sen dúbida contribuirán ao seu desenvolvemento turístico”. Díaz Mouteira lembra que na provincia de Ourense existen 10 concellos que contan na actualidade coa declaración de municipio turístico: Allariz, Celanova, O Carballiño, Leiro, Monterrei, Pobra de Trives, Nogueira de Ramuín, Ribadavia, A Veiga e Parada de Sil.

Segundo explicou a delegada territorial esta liña de axudas “estimula a contratación de persoal de xeito que se potencie a imaxe tanto dos Municipios Turísticos de Galicia como de toda a comunidade no exterior, co obxectivo de manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios coa devandita declaración”.

O orzamento total destinado a esta orde de axudas é de 250.000 euros e os concellos susceptibles de seren beneficiados teñen de prazo ata o vindeiro día 27 de febreiro para formalizar a solicitude. Os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado. Do mesmo xeito, será requisito indispensable que o concello solicitante conte coa declaración de Municipio Turístico galego.

A Xunta de Galicia, segundo apuntou Marisol Díaz, aposta pola colaboración cos concellos de cara impulsar o turismo, colaborando na contratación de persoal nos meses de maior demanda turística, un apoio que parte do actual Goberno autonómico xa que naceu en 2013. Este ano conta cunha novidade canto ao tempo de contratación, xa que segundo a delegada territorial, “cómpre destacar a súa flexibilidade. O único límite é a contía global, poderase elixir os meses de contratación do persoal, ben sexan dous ou, tres ou catro meses ou elixir a xornada máis axeitada a cada municipio, ben sexa completa, de media xornada ou por horas”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →