Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

‘A voltas ca Rede de Calor´ no Barco de Valdeorras

Por   /  29/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Comunicado de Riada Cidadá sobre a Rede de Calor no Concello do Barco de Valdeorras

 

A voltas ca Rede de Calor

riadaNa última comisión de Medio Ambiente, día 21 de setembro, o alcalde falou da posibilidade de implantar unha rede de calor con utilización de biomasa para subministrar enerxía calorífica aos edificios do barrio de Calabagueiros e arredores, e comentou un proxecto elaborado pola empresa Foresga Servizos Enerxéticos, compañía ligada a técnicos da Deputación e dedicada a xestión medioambiental e forestal. E onte día 27 de setembro por terceira vez a presenta aos veciños a través da prensa.

Foresga leva en conversacións dende vai máis dun ano para que se acepte a súa proposta industrial, modificada en catro ocasións, ca intención de que o Concello facilite a creación da correspondente compañía encargada de subministrar a enerxía. Ofrece a “grosso modo” ao Concello o 10% da inversión inicial da compañía a constituír a cambio da cesión dun solar municipal, na Cedie, e do permiso para montar a rede de canos polo subsolo das rúas do Barco.

Ante esta información RIADA expuxo, por unha parte, a dificultade de desfacerse dun ben veciñal sen saber o seu prezo de mercado, e por outra, da necesidade de convocar previamente un concurso público aberto a diferentes empresas de ámbito nacional para valorar e escoller a que ofreza o servizo nas mellores condicións: duración do contrato, extensión da rede, prezo final da enerxía, compromisos de cumprimentos, e garantías ou avales en caso de cese do subministro. Concurso necesariamente axustado a un estudo previo e propio do Concello que abarque a viabilidade do proxecto en base ás potenciais necesidades veciñais e das entidades públicas radicadas no barrio. Porque, entre outras razóns, non é de recibo que sexa únicamente unha empresa, Foresga, a que decida o tipo de equipamento industrial: caldeiras, canos,  etc., sen analizar as ofertas existentes no mercado, ou valore o subministro de materia prima arredor dos 105 euros a tonelada de astilla cando no mercado está actualmente por baixo dos 50 euros e sendo un factor determinante para fixar a factura dos futuros consumidores.  Foresga tampouco presenta un estudo detallado do financiamento que pon en función das posibles subvencións a tramitar ante a Xunta de Galicia e outros organismos públicos. En fin, se non recibe axudas non teríamos rede de calor.

Para acabar RIADA pensa que a rede de calor é unha boa idea xa que reduce as emisións de CO2, utiliza como combustible produtos dos nosos montes e bosques, e pode abaratar a factura e os gastos das familias. Gustaríanos que fose o Concello o que a puxera en práctica, contando cos necesarios expertos e asesores independentes.  Máis de non ser así o Concello ten que velar por impoñer cláusulas de contratación específicas con todas as garantías de respeto á lexislación para primar a libre competencia.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →