Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

A Xunta activa a segunda fase do programa de venda de solo empresarial con 66.151 m2 en O Barco

Por   /  05/06/2015 

    Imprimir       Email

logo_IGVSA Xunta activa a segunda fase do programa de venda de solo empresarial con 428.000 metros cadrados bonificados ata no 50%, dos cales 66.151 m2 en O Barco.

O programa establece descontos do 50% nos parques empresariais das Zonas Impulsa -Ourense, Ferrolterra, Lugo e Costa da Morte-, así como para os concellos fronteirizos con Portugal, mentres que no resto do territorio a bonificación é do 30%.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convocou hoxe, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o concurso de venda de solo empresarial da súa propiedade con prezos bonificados, medida que se inclúe dentro de Axenda da Competitividade. A resolución publicada hoxe supón o punto de partida da segunda fase do programa de solo empresarial a prezos bonificados, logo do concurso convocado en xaneiro pasado pola empresa pública Xestur. Pódese ver a resolución publicada hoxe no DOG a través da web http://www.xunta.es/dog

O IGVS aplicará bonificacións do 30 ou 50 por cento sobre os prezos de venda de 221 parcelas de solo empresarial da súa propiedade, emprazadas en 20 parques empresariais e cunha superficie total de 428.149,53 metros cadrados, segundo a seguinte distribución:

Parque empresarial
Número de parcelas
Superficie total m2
Porcentaxe de bonificación %
Prezo máximo €/m2con bonificación
PROVINCIA DA CORUÑA
As Somozas
4
68.600
50
10,56
Carballo (Bértoa)
1
1.452
50
35
Culleredo (Alvedro)
1
4.700
30
6
Melide (fase I)
2
4.680
30
35,62
Pontedeume
3
7.094
50

20,40 – 24,23

PROVINCIA DE LUGO
Bóveda (2ª fase)
6
4.643
50

9,42 – 11,71

Lourenzá (2ª fase)

12
13.382,46
50

21,37 – 22,33

Monforte (Porto Seco)

9
27.769
50

26 – 36

Monterroso
48
58.031
50

17,20 – 18

Palas de Rei

7
4.927,92
50

18 – 19,46

Quiroga
3
2.679
50

9,62 – 10,58

Xermade (2ª fase)

12
11.126
50

10,13 – 12,75

PROVINCIA DE OURENSE

O Barco de Valdeorras (2ª-3ª fases)

25
66.151
50
28

Carballiño (2ª fase)

9
35.335,87
50

15,63 – 31,29

Celanova
1
3.274
50
14,63

Ribadavia (pol. 1-2)

6
8.155,76
50

20,25 – 30,40

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Verín (Pazos)

8
23.086,08
50

31,50 – 34

San Cibrao das Viñas (Cidade do Transporte)

3
40.053
50

25,50 – 38,25

Lalín (Lalín 2000 fase 1)

1
2.193
30
42

Ponte Caldelas (Cidade do Transporte)

60
40.816,44
30

45,36 – 45,50

 O programa contempla rebaixas do 50% para aqueles parques empresariais situados nas Zonas Impulsa -Ourense, Ferrolterra, Lugo e Costa da Morte-, así como para os concellos fronteirizos con Portugal. Para o resto de parques, a bonificación é do 30%.Os interesados en participar no concurso dispoñen dun prazo de 45 días para a presentación das súas ofertas. No caso de que exista máis dunha oferta para a mesma parcela, terán preferencia na adxudicación as empresas propietarias das parcelas contiguas (se presentaron ofertas), a que presente unha maior oferta económica ou as empresas que xa estean instaladas no mesmo parque empresarial, entre outros elementos de valoración que establece o prego de condicións que rexe o concurso.Os adxudicatarios das parcelas terán a obriga de construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos a contar dende a sinatura do contrato. O incumprimento desta condición suporá a devolución ao IGVS da parcela adquirida e a perda das cantidades entregadas.

O prego de condicións do concurso e a relación de parcelas incluídas no mesmo e as súas características pódese consultar na web do IGVS (www.igvs.es)

Vendas de Xestur

Por outra banda, cómpre salientar que a primeira fase do programa de venda do solo empresarial, que bonifica o prezo do solo da empresa pública Xestur, xa permitiu adxudicar este ano 113 parcelas, o que supón unha superficie total de 262.934,54 metros cadrados, cun prezo de venda de máis de 10.961.809,97 euros. O importe das bonificacións aplicadas acada os 8.759.464,25 euros, o que supón unha bonificación media de preto do 45%.

As vendas de Xestur en só cinco meses de 2015 case acadan a superficie vendida pola empresa pública en todo o ano 2008, cando se que venderon 282.000 metros cadrados.

Polos datos achegados polos solicitantes de parcelas estímase que o investimento total a realizar polas empresas adquirentes superará os 172 millóns de euros e os postos de traballo creados, directos e indirectos, será de máis de 5.700.

Proxectos e licenzas

Malia o pouco tempo transcorrido dende a adxudicación, as empresas que adquiriron máis do 42% das parcelas adxudicadas por Xestur están xa traballando cara á súa instalación nas mesmas.

A día de hoxe, unha desas empresas xa dispón de licenza de obra concedida polo correspondente concello, mentres outras seis empresas (que adquiriron nove parcelas) contan con proxecto de execución e teñen solicitada a licenza de obras e 34 empresas (38 parcelas) teñen en redacción os proxectos de edificación.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →