Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Abertal recibe hoxe o VI Premio Xabier Prado Lameiro no Liceo de Ourense

Por   /  21/10/2015 

    Imprimir       Email

Hoxe a partir das 20:00 horas, terá lugar a entrega do VI Premio Xabier Prado “Lameiro” ao grupo folclórico Abertal da Rúa no Liceo de Ourense.

fachada-liceo

Liceo de Ourense

logoA Coral de Ruada organiza e patrocina o Premio Xabier Prado Lameiro, de periodicidade anual, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Teatro Principal. Con este premio preténdese premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.

O Premio Xabier Prado Lameiro, de periodicidade anual, terá carácter de recoñecemento público e, polo tanto, materializarase nun elemento simbólico entregado á persoa ou colectivo premiado. Non leva engadido, por tanto, ningún beneficio económico. O premio consistirá nunha peza artística elaborada por un creador ou creadora de Galicia.

O xurado do premio acordou o día 13, por unanimidade:
Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola Coral De Ruada de Ourense, na súa sexta edición, correspondente ao ano 2015, á agrupación folclórica Abertal de A Rúa de Valdeorras (Ourense) polo traballo que ó longo de vinteseis anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural, organización de eventos culturais, etc.
Os méritos que atesoura a traxectoria de Abertal -e nomeadamente o seu fundador e director Manuel Anxo Durán Blanco- non se cinguen soamente ao inxente traballo que durante estes vinteseis anos ten realizado no campo da recolla, conservación, interpretación e divulgación do noso folclore (que xa de por si merecería un recoñecemento explícito), senón que, ademais, sempre foi -e segue a ser na actualidade- elemento colaborador xeneroso de grupos que traballan de xeito desinteresado a prol do noso folclore.
O inxente labor de Abertal constitúe, polo tanto, un exemplo de traballo e de compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este galardón, non fai, senón, recoñecer a coherente traxectoria que o colectivo ten mantido neste campo ó longo de toda a súa andaina.

abertal a rua

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →