Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Rubiá  >  Artículo Actual

Acordo Xunta-Rubiá para a súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras

Por   /  06/08/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta e o concello de Rubiá asinan o acordo para a súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras cos inmobles desocupados deste municipio e destinalos a familias en dificultades
  • O obxectivo é incorporar os inmobles de organismos, particulares e empresas que non se atopen habitadas e destinalas a alugueiros sociais
  • As vivendas que se inclúen neste programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta, cun seguro multirrisco do fogar e un de garantía de cobro da renda, con asistencia xurídica, para dar seguridade e tranquilidade aos arrendatarios
Entrada de Rubiá

Entrada de Rubiá

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou co alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, o convenio para a incorporación deste municipio ourensá ao Programa de Vivendas Baleiras, que ten como obxectivo prioritario crear unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro social, incorporando as vivendas de organismos, particulares e empresas que non se atopen habitadas contando, para isto, coa colaboración das Administracións locais.

Este acordo fixa un prezo máximo da renda do aluguer –de 250 €–, e a contía virá determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios.

Se trata de que o alugueiro resulte de interese, tanto para o arrendador como para o arrendatario: que ao propietario lle compense incorporar a vivenda baleira a este programa pola renda que vai recibir e que o beneficiario pague un alugueiro asequible que é compatible, ademais, con outras axudas que poida percibir, tanto do Concello, como da Xunta, como o Bono de Alugueiro Social.

As vivendas que se incorporan a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta, xa que se financian un seguro multirrisco do fogar e un de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica, para dar seguridade e tranquilidade aos arrendatarios.

Con estes seguros que financia o Executivo autonómico, o propietario ve como o piso que cede en alugueiro para axudar ás familias está totalmente asegurado.

Solucións reais a problemas reais

Durante a firma, Ethel Vázquez salientou a importancia de que o resto dos municipios da provincia de Ourense e de toda Galicia colaboren con esta iniciativa da Xunta, xa que se trata de ofrecer solucións reais a familias que teñen problemas reais en materia de vivenda, sexa cal sexa o lugar onde vivan.

A conselleira lembrou que o Goberno galego vai seguir traballando, porque mentres haxa unha soa familia en risco de perder o seu fogar non se van dar por satisfeitos.

Na actualidade, 41 concellos de Galicia xa teñen solicitado formalmente a súa adhesión: 9 da provincia de Ourense, entres eles os 3 que xa teñen asinado este acordo, O Barco de Valdeorras, Ourense e agora Rubiá

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →