Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Autorización de novas plantacións de viñedos para unha superficie de 73,4 hectáreas, na D.O. Valdeorras 15,66

Por   /  01/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Un total de 175 viticultores galegos reciben autorización de novas plantacións de viñedos para unha superficie de 73,4 hectáreas
  • A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias ven de asinar a correspondente resolución de autorización, de acordo co novo procedemento de concesión establecido a nivel nacional
  • As cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia víronse beneficiadas por estas autorizacións, cunha superficie de viñedo que representa máis do 90% do total concedido

Los-viñedos

 

Un total de 157 viticultores galegos vanse beneficiar das autorizacións de novas plantacións de viñedos xestionadas pola Xunta de acordo co novo procedemento de concesión establecido a nivel nacional. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, ven de asinar a correspondente resolución de autorización, que suporá a concesión de 73,4 hectáreas para os viticultores da nosa comunidade.

Desta superficie, máis do 90% corresponde a zonas de produción amparadas por algunha das cinco denominacións de orixe protexidas (DOP) vitivinícolas de Galicia. Delas, a que máis hectáreas amplía é a DOP Rías Baixas (17,69 ha), seguida de Monterrei (16,77 ha), Valdeorras (15,66 ha), Ribeira Sacra (9,01 ha) e Ribeiro (7,63 ha).

Novo réxime
O 1 de xaneiro de 2016 entrou en vigor o novo réxime de autorización administrativa de plantación de viñas que substitúe ao anterior sistema de dereitos de plantación e permite continuar cun incremento controlado do potencial de produción vitícola ata 2030, evitándose así a súa liberalización total.

O novo sistema permite obter estas autorizacións para plantar por tres vías, entre as que se atopan as concesións de novas plantacións a partir dun cupo anual cun límite máximo do 1% da superficie plantada a nivel nacional a 31 de xullo do ano anterior.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), tendo en conta as distintas posicións das organizacións representativas deste sector, fixou a superficie a conceder para as autorizacións de novas plantacións de viña en 2016 a nivel nacional en 4.173 ha, un 0,44% do total da superficie plantada a 31 de xullo de 2015 (que era de 958.686 ha).

En cumprimento do procedemento de selección das solicitudes admisibles, o pasado 1 de xullo de 2016 o Magrama comunicou ás comunidades autónomas a superficie concedida para cada solicitude, tras centralizar e ordenar a nivel nacional aquelas que resultaron admisibles e puntuadas polas distintas comunidades. Pola súa parte, as comunidades deben notificar aos solicitantes a resolución co resultado da concesión antes do 1 de agosto.

Como a demanda de solicitudes a nivel nacional foi case o triplo do cupo dispoñible para 2016, houbo que aplicar os criterios de prioridade establecidos polo Ministerio, de tal xeito que o 30% das solicitudes (1.224 ha) foi para os mozos novos viticultores, aos que se lles concedeu o 100% das súas solicitudes admisibles e o resto, o 70% do total (2.949 ha), corresponde aos viticultores que tiveron unha maior puntuación consonte ao establecido na normativa básica estatal.
A concesión realizouse comezando polo grupo das persoas solicitantes de maior puntuación (mozos novos viticultores), tendo en conta as limitacións establecidas nas zonas xeográficas delimitadas de determinadas denominacións de orixe protexidas.

No sector vitícola de Galicia solicitáronse 152 ha de superficie para autorizacións de nova plantación de viñas, das cales resultaron admisibles 121 ha, o 1 % do total solicitado en 2016 polas comunidades autónomas (11.858 ha admisibles) e, logo de aplicar o procedemento de selección establecido a nivel nacional, concedéronse 73,4 ha para os viticultores galegos.

Tendo en conta a dinámica do sector vitícola galego, as organización representativas do sector non fixeron ningunha recomendación de limitacións para as novas plantacións en Galicia neste primeiro reparto de autorizacións.

Na seguinte táboa indícase o número de solicitantes presentados, admisibles (segundo o sistema establecido) e concedidos finalmente en Galicia, por provincias:

Provincia

Solicitantes presentados

Solicitantes admisibles

Solicitantes concedidos
A Coruña
11
11
11
Lugo
29
24
24
Ourense
54
49
49
Pontevedra
75
73
73
GALICIA
168
157
157
    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →