Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Axuda económica de 300 € ás familias con fillas e fillas nados na provincia de Ourense ao longo deste ano 2016

Por   /  25/04/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense destina 800.000 € para axudas ás familias con fillas e fillos nados na provincia en 2016
  • A tarxeta “ChegOU” permitirá mercar en farmacias e parafarmacias ourensás produtos hixiénicos, alimentarios e de saúde para os bebés
  • Esta medida forma parte do “1º Plan de Natalidade” que desenvolve o goberno provincial, promovido polo presidente Manuel Baltar, quen considera “unha prioridade na acción política levar a cabo iniciativas en favor do desenvolvemento demográfico da provincia de Ourense”
  • A Deputación destinará a cada familia 300 €, sendo os beneficiarios os proxenitores ou adoptantes dun bebé nacido en 2016, debendo figurar empadroados nun concello da provincia de Ourense cunha antigüidade de aló menos 2 anos

153485474_4x3

 

A Deputación de Ourense outorgará unha axuda económica de 300 € ás familias con fillas e fillas nados na provincia de Ourense ao longo deste ano 2016. O goberno provincial ven de aprobar esta medida que se canalizará por medio da denominada tarxeta “ChegOU”, que permitirá ás familias mercar en farmacias e parafarmacias ourensás produtos hixiénicos, alimentarios e de saúde para os bebés. A Deputación de Ourense destina un orzamento total de 800.000 € para esta iniciativa, sendo os beneficiarios os proxenitores ou adoptantes dun bebé nacido en 2016, debendo figurar empadroados nun concello da provincia de Ourense cunha antigüidade de aló menos 2 anos inmediatamente anterior á data do nacemento do menor que motiva a solicitude.

A medida forma parte do “1º Plan de Natalidade” que desenvolve o goberno provincial, promovido polo presidente Manuel Baltar, quen considera “unha prioridade na acción política levar a cabo iniciativas en favor do desenvolvemento demográfico da provincia de Ourense”. Baltar, impulsor desta política de apoio á natalidade, afirma que o descenso do número de habitantes “é unha tendencia consolidada nas últimas décadas e as proxeccións futuras acreditan que o gran problema de Ourense é o demográfico”, polo cal entende que urxe levar a cabo “unha actuación determinante da sociedade e sinaladamente das administracións públicas, pois estamos a falar dun tema que supera o horizonte temporal dunha lexislatura, para converterse nun eixo de actuación obrigado durante xeracións”.

O presidente da Deputación explica que esta medida “forma parte do Plan de mandato Ourense 15-19 e é compatible con outras axudas que nesta liña de apoio á natalidade dispoñan administracións públicas como o Estado ou a Comunidade Autónoma de Galicia”.

A Deputación de Ourense abrirá nas próximas semanas, unha vez publicada a información no Boletín Oficial da Provincia, esta convocatoria para a concesión das axudas á natalidade, as cales foron xa aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación. Trala apertura do prazo poderán comezar a tramitarse ao longo de todo o ano 2016, excepto no caso de que o nacemento do bebé teña lugar en decembro de 2016, para o cal, o prazo de solicitude ampliarase ata o 15 de xaneiro de 2017. As solicitudes deberanse presentar telematicamente, a través do enderezo http://natalidade.depourense.es no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación de Ourense.

Os beneficiarios recibirán a súa tarxeta electrónica “ChegOU” da Deputación de Ourense para o seu uso en farmacias e parafarmacias para mercar produtos hixiénicos, alimentarios e de saúde, podendo realizar a compra durante o ano 2016, prazo durante o cal estará activa a dita tarxeta, coa excepción de que o nacemento teña lugar en decembro; neste caso a tarxeta manterase activa ata o 28 de febreiro de 2017.

0 0 MB - temas natalidade

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →