Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

Axudas por máis de 5 millóns a clústers

Por   /  24/08/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta activa as axudas a clústers para reforzar a competitividade e o impulso tecnolóxico das pemes galegas
  • O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases que regulan esta medida, que fortalece ás asociacións empresariais, facilitando a innovación e a captación de novas compañías
  • As axudas cubrirán ata o 50% dos custos de persoal e administrativos para que os clusters poidan facilitar servizos ás empresas e ampliar a súa representatividade
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar desde 22/08/2016

 

xunta-de-galicia-300x135A Xunta vén de activar, a través da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), a nova convocatoria de axudas a clústers que está destinada a reforzar a competitividade das pemes galegas mediante servizos de calidade e programas formativos coordinados, durante os tres próximos anos, por estas agrupacións empresariais innovadoras.

Esta iniciativa, articulada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Igape, persegue incrementar a fortaleza das agrupacións empresariais innovadoras e dos clústers galegos consolidados, facilitando tanto o impulso tecnolóxico e a innovación como a captación de novas empresas e o desenvolvemento de programas de formación para os traballadores das pequenas e medianas empresas galegas. Deste xeito, os clústers poderán seguir actuando como pancas para o desenvolvemento da industria e dos servizos, contribuíndo á dinamización da actividade económica de Galicia e á xeración de emprego, impulsando programas formativos e servizos aliñados coa Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0. O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro destas bases é dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

A convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia inclúe un orzamento global de 5,17 millóns de euros para apoiar a consolidación dos mellores clústers como pancas para incrementar a competitividade do tecido empresarial galego no ámbito da Industria 4.0. As axudas, que se concederán por concorrencia competitiva, cubrirán ata o 50% dos custos de persoal e administrativos relativos á actividade dos clusters para achegar servizos ás empresas, para que poidan ampliar a súa representatividade sectorial ou para a xestión das súas instalacións e a organización de programas formativos e talleres e conferencias que fomenten o intercambio de coñecemento e o traballo en rede, así como a cooperación con entidades internacionais.

No proceso de avaliación dos proxectos presentados teranse en conta, entre outros criterios, a importancia do ámbito da actividade na economía galega, o número de empresas asociadas aos clusters solicitantes, e que teñan en vigor na data da solicitude o recoñecemento como Agrupación Empresarial Innovadora (AEI), ou ben que posúan a etiqueta Gold de excelencia na xestión de clúster expedida pola Secretaría Europea de Análise de Clusters.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →