Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

BNG Valdeorras: “A mellor inversión sanitaria que podemos facer en Galicia e cambiar de goberno”

Por   /  28/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Reposta do BNG Valdeorras a unha nota informativa da Consellería de Sanidade publicada o 23 de agosto 

 

BNG Valdeorras

7403183336_e3d7f30f9a_oNota informativa da Consellería de Sanidade onde tras comparar o orzamento sanitario consolidado dos anos 2013 ao 2015 vén dicir, en contra do CES que  no ano 2015  incrementouse o orzamento sanitario en máis de 11 millóns de € con respecto ao 2014 e logo fanse xogos porcentuais para despistar un pouco e dar a sensación de que crecemos.

A trampa de todo isto ven a ser o presuposto comparado de só dous anos, pois se en vez de comparar o 2015 co 2014 o fai co 2013 hai un recorte en sanidade de máis de 9 millos de €, e,  atentos a isto: se en vez de comparalo co 2014 o compara co 2012 hai un recorte en sanidade de máis de 120 millos de € e si en vez de ser co 2012 faino co 2011 o recorte en sanidade sería de mais de 130  millóns de €. En definitiva se proxectamos o presuposto de 2011 os 5 anos revisados e o comparamos co real vemos que habería un recorte de máis de 430 millóns de €. Algo moi lonxe do necesario para andar presumindo por aí.

Por outra parte os presupostos fanse para prevendo un gasto acadar un fin. Fin que neste caso é unha asistencia sanitaria pública de calidade, moderna e rápida; cousa que evidentemente esta consellería non acadou pois as súas listas de espera disparáronse de tal forma que nin mentindo as disimulan en provincias como por exemplo Ourense.

A mellor inversión sanitaria que podemos facer en Galicia e cambiar de goberno o dia 25 de setembro. Cousa por certo que cada vez está mais cerca de ser unha realidade.  Polo BNG non deixará de sela.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →