Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

‘Capacitación de Supermercado’ formou 15 persoas en Vilamartín para poder traballar en supermercados

Por   /  03/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Unha quincena de participantes na Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020 rematan un curso en Vilamartín de Valdeorras para poder traballar en supermercados
  • Recibiron un total de 100 horas de formación que os capacita para desenvolver distintas ocupacións neses centros comerciais

social_vilamartin

 

Un grupo de 15 persoas, que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia, remataron hoxe o curso “Capacitación de Supermercado”, desenvolvido no Concello de Vilamartín de Valdeorras dende o pasado 3 de outubro.

Esa formación, organizada polo equipo de Inclusión Socio-Laboral de A Rúa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, tivo unha duración total de 100 horas. A finalidade do curso era que os asistentes adquirisen os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder desenvolver diferentes ocupacións nas áreas dun supermercado: carnicería, peixaría e chacinería.

Estas accións formativas están incluídas nos Itinerarios de Inserción Socio-laboral que os equipos de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar deseñan para as persoas -en situación de risco e vulnerabilidade- que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020.
 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

sicixia

Estreo e proxección de ‘Sicixia’ do valdorrés Ignacio Vilar no Avenida

Leer mas →