Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Charla e coloquio o sábado en Vilamartín sobre as políticas comúns para territorios distintos, a PAC e o TTIP

Por   /  16/04/2015 

    Imprimir       Email

O sábado 18 de abril, en Vilamartín de Valdeorras, o colectivo “144 irmaos”, ás 20:30 no Santa Lucía desenvolverán unha charla baixo o título “Políticas comúns para territorios distintos”, o futuro do rural galego, a PAC e a TTIP (o tratado de libre comercio entre Europa e Estados Unidos.

POLÍTICAS COMÚNS PARA TERRITORIOS DISTINTOS A  

Charla a cargo de dous profesores de Economía da USC:

María do Mar Pérez Fra, Profesora Doutora do Departamento de Economía Aplicada, Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria e Bernardo Valdés Pazos, profesor departamento de Economía Aplicada da mesma área.

A charla versará sobre un lixeiro repaso de cal foi a influencia da PAC no medio rural galego e no agro, ao tempo tentará dar unha serie de pinceladas ao carón das posibles influencias das futuras liñas da PAC e facendo un énfase especial nas consecuencias do TIPP, o tratado de libre comercio entre Europa e Estados Unidos. Un tratado do que pola pouca información da que a día de hoxe dispomos, pode ser unha bomba  de reloxaría para todos os pequenos produtores e en especial para o agro galego.

Trátase dunha interesantísima conferencia que pode vir a aclarar moitas das incógnitas que se nos plantexan ante un futuro incerto e unha serie de políticas feitas dende o oscurantismo máis antidemocrático, deseñadas a medida das transnacionais, polo que convidamos a todo o mundo a asistir e formar parte do coloquio, que esperamos que se abra unha vez rematada a exposición previa.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →