Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Veiga  >  Artículo Actual

Choiva de Leónidas en Trevinca

Por   /  15/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Será ó 19 do novembro e o Concello de A Veiga organiza unha xornada para contemplalas dende o Miradoiro Estelar o Rañadoiro

 leonidas

 

O alcalde de A Veiga, Juan Anta Rodríguez, dio a conocer que el próximo 19 de noviembre, o municipio disfrutará dunha choiva de Leónidas no Destino Turístico Starlight Trevinca.

O alcalde detallou que a observación deste acontecemento astronómico realizarase nun dos observatorios homologados pola Fundación Starlight, o Miradoiro Estelar O Rañadoiro. Dito lugar conta cun emprazamento idóneo para realizar a observación nunhas condicións inmellorables, debido a calidade do seu ceo.

Esta actividade contará cunha merenda-cena nun restaurante do municipio de A Veiga. Os participantes se desprazarán, posteriormente, ata o Mirador e disfrutarán da choiva das Leónidas. A observación estará guiada por Óscar Blanco, astrofotógrafo e asesor astronómico experto no Destino Starlight Trevinca.

As Leónidas están caracterizadas por ser meteoros moi brillantes, extremadamente rápidos (podendo acadar os 250.000 kilómetros por hora) e que deixan unha leve estela de cor verde ao seu paso, o cal persiste durante varios segundos. Esta choiva será visible practicamente todo o mes de novembro, producíndose o seu máximo arredor do 18 de novembro, data na que se poderán ver 10-15 meteoros por hora.

Despois das Perseidas do pasado mes de agosto, dende o Destino Turístico Starlight Trevinca organízase unha observación da choiva das Leónidas para o vindeiro 19 de novembro.

O máis recomendable para ver a choiva de estrelas é buscar un lugar aberto e escuro alonxado da iluminación das cidades guiados eso sí por un bo asesor astronómico. Como é o caso de Trevinca, emprazamentos escuros que utilizan o ceo e a natureza que os rodea para fomentar e potenciar os ceos nocturnos dunha maneira didática e entretida.

O Concello de A Veiga recorda que hai aloxamentos no municipio para os vistantes, concretamente a Hospedería Eido das Estrelas, Pensión Río Xares, Hotel Aira de Petada, Casa Rural O Porto do Carro, Pensión Río Xares, Casa Rural O Trisquel e tamén “Árbores de Lenda”.

oferta-de-alojamiento-faceb-jpg

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Certamen de Corales en Vilamartín

Leer mas →