Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Colaboración Cruz Vermella-Deputación en proxectos de Atención a Necesidades Básicas e Apoio á Infancia

Por   /  15/12/2015 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense colabora con Cruz Vermella para desenvolver proxectos de Atención a Necesidades Básicas e Apoio á Infancia
  • A través destes proxectos, nos que participaron máis de 1.300 persoas, Cruz Vermella achega axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas e actividades de reforzo escolar para nenos/as en risco de exclusión social da provincia de Ourense

1Fachada-Deputacin-300x213Dende as diferentes Asembleas Comarcais de Cruz Vermella en Maceda, O Ribeiro, Viana, Conso-Frieiras, Valdeorras, Celanova e Monterrei realizáronse 445 orientacións sociais e entregáronse 244 axudas ou prestacións económicas para pagos de aluguer da vivenda, compra de libros de texto, pago de subministracións e servizos sanitarios, das que se beneficiaron 211 persoas, proxectos nos que colabora a Deputación de Ourense.

As persoas coas que se traballou tiñan en común o feito de presentar unha situación económica moi precaria para poder facer fronte aos gastos básicos e manter os seus fogares (ingresos mensuais inferiores a 500 €) e en particular foron persoas con responsabilidades familiares, con todos os membros da familia en paro e/ou parados de longa duración. Atendéronse casos derivados directamente polos Servizos Sociais dos Concellos ou polos centros educativos, xa que un dos obxectivos é traballar de forma conxunta e coordinada con todos os recursos existentes.

O contexto social derivado da crise económica xunto coas carencias profesionais ou formativas das persoas atendidas son os principais inconvintes para que estas familias poidan optar á mellora da súa calidade de vida nun curto prazo. Por iso o traballo realizado a través dos obradoiros pretendeu incidir nesta situación, obtendo uns resultados positivos. En total, 188 persoas participaron en pequenos grupos nos que reflexionaron e adquiriron conceptos aplicables no seu ámbito familiar, a través de obradoiros como: busca de emprego por Internet, economía doméstica, manipulador de alimentos, análise e resolución de conflitos ou motivación para o cambio, entre outros.

Ademais, Cruz Vermella é consciente da situación de moitas familias que teñen que priorizar os seus gastos para cubrir necesidades de vivenda e alimentación, postergando outras necesidades que teñen que ver coa educación: libros, material escolar, actividades extraescolares, clases de apoio, etc. O proxecto de Apoio á Infancia en Tempos de Crise contribúe a levar a cabo unha atención integral ás familias para poder garantir o dereito dos/as nenos e nenas á educación, en igualdade de condicións dispondo de todo o preciso para o seu desenvolvemento escolar.

En total 230 menores recibiron apoio escolar e participaron en actividades lúdicas e educativas como a celebración de Samaín, do magosto, do “Día dos dereitos do neno e da infancia”, do Día contra violencia de xénero, do Día Mundial da Auga, do Día mundial do Medio Ambiente, obradoiros de informática, de Educación para saúde, de Primeiros auxilios, de agricultura ecolóxica, de educación viaria, etc.

Neste proxecto realizáronse 248 orientacións sociais e entregáronse 81 prestacións complementarias para o correcto desenvolvemento da escolarización dos nenos/as.

O propósito de Cruz Vermella é dar continuidade a este tipo de iniciativas que redundan no beneficio da poboación con maiores dificultades socioeconómicas, neste caso chegando a totalidade da poboación que vive no medio rural, a través de todas as asembleas comarcais da de Cruz Vermella Ourense.

Cristina Fernández Álvarez, coordinadora, Mino Alonso Alejandre, presidente de Cruz Roja Valdeorras y Lucía Fernández Rodríguez (monitora)

Cristina Fernández Álvarez, coordinadora, Mino Alonso Alejandre, presidente de Cruz Roja Valdeorras y Lucía Fernández Rodríguez (monitora)

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →