Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  Artículo Actual

Comunicado Plataforma Sanitaria de Valdeorras: concentración, coloquio e manifestación

Por   /  30/09/2015 

    Imprimir       Email

Ante a situación de desmantelamento da sanidade pública a plataforma sanitaria de Valdeorras emite o seguinte comunicado:

Facemos un chamamento á poboación para que acudan con nós aos actos programados en defensa dunha sanidade pública, universal, de balde e de calidade.

Rexeitamos a actual política de desmantelamento da área Sanitaria de Valdeorras e nos opoñemos frontalmente á diminución dos recursos sanitarios adicados ao Area de Valdeorras.

Temos dereito unha sanidade digna e nos opoñemos ao recorte de medios tanto humanos como materiais ao que se está sometendo a atención primaria do noso area e o Hospital Comarcal Valdeorras.

Pancarta Hospital

Convidámosvos  a acudir aos actos programados que nestes momento e  pendentes de concretar  outras medidas comunicativas e de presión son os seguintes:

Día 1 de Outubro: concentración diante do Hospital Comarcal de Valdeorras as 20, 30 horas

Día 9 de Outubro: charla coloquio as 20’, 30 horas co titulo : Sanidade dereito ou negocio? (edificio multiusos de O Barco de Valdeorras)

Relación de relatores e relatorios:

  • Miguel G Buitrón (médico) : “Sanidade pública: equilibrio e progreso social”
  • María del Carmén Acuña (médica e deputada autonómica):  “Situación actual da sanidade en Galiza. Se o quixesen facer peor non poderían”
  • Miguel Ángel Jiménez (avogado): “o soño americano”
  • Presidenta de DISVALIA : Experiencia dunha asociación de afectados
  • Presidenta de FFIBRIVAL: Experiencia dunha asociación de afectados

Dia 17 de Outubro:  Grande manifestación  as 18 horas que partirá do Hospital Comarcal de Valdeorras.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →