Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  O Barco  >  Artículo Actual

Comunicados de Podemos O Barco e Riada Cidadá referentes aos refuxiados

Por   /  25/02/2016 

    Imprimir       Email
refugees_PLYIMA20150902_0014_40
Podemos O Barco cos refuxiados
“Pasaje Seguro” é a consigna que nos une aos pobos de Europa para esixir aos gobernos que establezan rutas seguras para os centos de miles de persoas que se ven na obriga de abandonar os seus fogares para buscar un lugar seguro no Continente. Hai que dar unha resposta humanitaria para garantir o recoñecemento pleno dos dereitos aos refuxiados e salvagardar a vida das persoas.
O 27 de febreiro de 2016 a cidadanía vaise mobilizar para esixir a todos os gobernos europeos unha pasaxe segura para as persoas que fuxen dos conflitos armados dos seus países e chegan á Unión Europea en moitos casos para salvar a súa vida, e non atopan máis que miseria, desprezo e abandono por parte das autoridades dos países que presumen de respectar os Dereitos Humanos.
Dende Podemos O Barco queremos sumarnos ao chamamento para asistir ás diversas manifestacións que terán lugar nas distintas cidades do Estado para esixir aos gobernos o establecemento de rutas seguras para todas as persoas que se vexan na obriga de abandonar os seus lugares de residencia. Máis de 60 millóns de persoas buscan protección internacional, no 2015 perderon a vida cerca de 4.000 no seu intento por chegar a Europa, dos que polo menos o 30 por cento eran menores. No que levamos de 2016 van 410 persoas mortas e temos que sumarlle as que desaparecen baixo as augas sen deixar rastro, tampouco podemos esquecer as voces silenciadas de máis de 10 mil nenas e nenos desaparecidos dos que Europa descoñece o seu fin.
Na nosa fronteira sur, as devolucións ilegais e o bloqueo por parte de Marrocos das persoas que intentan chegar a España para pedir asilo segue sendo unha practica habitual que conta co beneplácito do Goberno español. Son de especial gravidade as situacións de violencia, racismo e xenofobia que padecen as persoas subsaharianas en Marrocos impedindo pedir asilo a España, dereito que lles corresponde, véndose na obriga de recorrer aos traficantes, ao salto dos valados ou ás pateras, co risco que isto leva para a súa integridade física.
Podemos O Barco unímonos á reivindicación #27PasajeSeguro xa que cremos que non estamos diante dunha crise de refuxiadas e refuxiados, senón ante unha grave crise de valores nas sociedades europeas. Xuntos reivindicamos a solidariedade entre pobos e persoas. A xente da rúa, as veciñas e veciños reclamamos a defensa dos mesmos dereitos para todas as persoas sen mirar a súa procedencia, queremos tender a man para axudar a facer a vida un pouco máis doada para os nosos iguais e esiximos aos gobernos que non poñan trabas para que a solidariedade e xenerosidade da xente sea un feito así como que teñan un papel activo na resolución dos conflitos de forma pacífica e que controlen o comercio de armas a países que violan os Dereitos Humanos.
Por todo isto o vindeiro sábado 27 ás 12.00h estaremos na manifestación por un #27PasajeSeguro
Manifesto de RIADA CIDADÁ
Un 27 de febreiro para recibir aos refuxiados con dignidade
Os gobernos europeos móstranse incapaces de dar unha solución aos refuxiados. Para defender ás persoas que chegan ás costas mediterráneas fuxindo da guerra civil en Siria, o 27 de febreiro celebraranse manifestacións, convocadas pola Rede Solidaria de Acollida, en 40 cidades do Estado español.
Porque segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) máis de catro millóns de persoas abandonaron Siria, sen contar os sete millóns de desprazados no interior do país. E son xa máis de 4.000 os mortos afogados, máis dun 30% nenos, no intento de chegar ao “dourado” occidental que no mellor dos casos acaba sendo un campamento perdido nas illas e costas de Italia ou Grecia.
Ante a inanición da Comisión Europea a cidadanía debe esixir aos gobernos que se establezan rutas seguras para o tránsito das  persoas en procura de asilo e que se respecten os dereitos humanos dos centos de miles de refuxiados que abandonaron os seus fogares e que buscan na Europa un lugar seguro para vivir.
A Comisión Europea non pode estar, nesta debacle humanitaria, ao servizo dos equilibrios socioeconómicos e políticos. Ten que facer cumprir os acordos aos que os Gobernos se comprometeron en diferentes cumes europeas a raíz da ola de indignación que sacudiu a opinión pública continental no verán do 2015. Porque dos 160.000 refuxiados que os Gobernos aceptaron acoller a finais de 2015, só 272 foron reubicados. España acolleu 18 dos 15.000 que se autoasignara. A incapacidade para dar unha resposta coordinada acabará socavando o proxecto social europeo e ameazando a libre circulación de persoas. Amais nas mans da cidadanía está parar e combater o veleno do racismo e a xenofobia contra dos refuxiados e impedir que os gobernos europeos vendan armas aos países que non respectan os dereitos humanos.
Riada Cidadá pensa que aos refuxiados hai que axudalos con todos os medios e maneiras, e que as políticas humanitarias teñen que estar ao seu servizo. Porque só a solidariedade pode romper co círculo infernal da guerra e establecer os dereitos e liberdades ás que, como humanos, todos e todas aspiramos.
    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →