Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Concerto acústico do dueto SOUL&ROLL

Por   /  07/10/2015 

    Imprimir       Email

Concerto acústico do dueto SOUL&ROLL no BRAVO LUX (R. Doutor Vila, A Rúa) o sábado 10 ás 00:30 h.

Soul_Roll

SOUL&ROLL
 

Soul & Roll é un dueto en acústico formado por Miguel Araújo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista que comezou a súa andaina musical no ano 2013.

Enriba do escenario fan un traballo dun xeito totalmente diferente ao que o público está acostumado , pois son algo máis que unha guitarra e unha voz; a intensidade e a calidade do directo engaiolan. O repertorio é totalmente coñecido , escollido coa intención de que o seu público se divirta e goce da música en directo.

En canto a estilos, destacan o Rock, Pop , Soul ou Blues (Police , U2 , pop español dos 80 , Bruno Mars , Bon Jovi , etc) e ademais de versións tamén compoñen os seus propios temas cos que xa obtiveron importantes recoñecementos. En outubro de 2013 acadaron o 2º premio no Festival da canción do Grove co tema “Siempre cantaré”, e en outubro do ano seguinte (2014) o 1º premio nese mesmo festival co tema “Detrás de tu ventana”. No 2014, no festival “Ti si que molas” de Maceda, quedaron no 2º posto versionando un tema de Andy MCkee.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →