Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Conde destaca a capacidade do tecido económico da Rúa para innovar en sectores estratéxicos como a lousa e o vitivinícola

Por   /  12/05/2015 

    Imprimir       Email

conde

 

 

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a capacidade do tecido económico de A Rúa para innovar en sectores estratéxicos para a economía ourensá e galega, como son o da lousa e o vitivinícola. Conde mantivo un encontro co alcalde da vila, Avelino García, co que analizou a situación actual de ambos sectores, as liñas de traballo claves para impulsalos, e os principais proxectos en marcha para reforzar a competitividade e o emprego das empresas do concello.

Neste senso, durante a reunión analizáronse os resultados dos apoios do Plan Renove de Cubertas de Lousa, así como os respaldos ao Centro Tecnolóxico da Lousa e ao Clúster do sector, que Conde subliñou como fundamentais para o impulso aos investimentos produtivos das empresas da comarca.

Conde incidiu no liderado mundial de Galicia no sector da lousa, e puxo ao municipio como exemplo do esforzo en prol da competitividade das empresas do sector, que ten permitido que Galicia sume máis da metade da produción global. O conselleiro salientou que ese liderado está a consolidarse grazas á boa marcha das exportacións de lousa galega, que medraron un 20% desde 2009. Durante o encontro tamén se analizou a situación do sector vitivinícola, poñendo o foco sobre os apoios á promoción dos viños da DO Valdeorras nos mercados exteriores.

Conde resaltou que, de cara a futuro, A Rúa ten un gran potencial para aproveitar o que “está chamado a ser un dos grandes motores de riqueza e emprego do rural galego, a biomasa”. De aí que durante o encontro se abordase tamén a Estratexia Integral de Impulso da Biomasa, que xa está a permitir o impulso económico de municipios con amplos recursos forestais; a consolidación dun tecido de empresas adicadas a produción e distribución de pellets; e un considerable aforro enerxético no rural, derivado de subvencións á instalación de caldeiras en casas de particulares, empresas e administracións públicas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →