Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Valdeorras  >  A Rúa  >  Artículo Actual

Continúa a busca do home desaparecido en A Rúa

Por   /  05/06/2015 

    Imprimir       Email

IMG_8885  

Ás 20:00h horas continúaba a busca do home de 70 anos desaparecido no Monte Vilela, no concello ourensán de A Rúa.

Ao operativo de busca sumáronse na tarde de hoxe os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda. No rastrexo para localizar ao varón participan, ademais, o GES de A Gudiña e de Valdeorras, así como efectivos das Proteccións Civís de A Rúa, Petín e A Gudiña e axentes da Garda Civil.

Tamén, durante a pasada noite os Bombeiros de Valdeorras empregaron unha cámara térmica na procura da súa localización, con resultado negativo. O varón perdérase ás nove da mañá do pasado mércores.

As forzas da orde solicitaran reforzos ao CAE 112 Galicia, cuxos xestores mantiveron o contacto telefónico co home durante as primeiras horas da súa desaparición. Co paso das horas, perdeuse a comunicación con el e, polo momento, séguese sen indicios do seu paradoiro.

IMG_8886

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →